Aperçu des sections
-
2º ESO A1 (luns 16 4ª hora) e A2 (luns 16 8ª hora) exercicios do 1 ao 4.
2º ESO A1 (martes 17 1ª hora) e A2(martes 17 6ª hora) exercicios do 5 ao 8.
-
O luns 23 os dous grupos debedes de acabar o boletín da semana pasada.
Para as dúas seguintes clases, debedes de ver o seguinte vídeo que
sobre os factores que afectan a velocidad de reacción (amplía o xa visto na clase, páxina 114 e 115 do voso libro). Despois debedes de facer un traballo sobre os factores que afectan a velocidade de reacción, neste debedes explicar todos os factores, coas vosas palabras para demostrar que o entendedes e ademais buscar exemplos de cada un deles.
O traballo debedes mandarmo ao meu correo electrónico alferreira@edu.xunta.gal; os do grupo A1 tedes de data límite o xoves 26 e os do A2 o venres 27.
Se tedes calquera problema non dubidedes en poñervos en contacto comigo.
Saúdos e ánimo.
Había algún de vós que estaba interesado en ler os libros optativos neste trimestre, se os tedes lidos podedes mandarme un breve comentario sobre o mesmo dicíndome o que vos pareceu.
OLA, PARECER SER QUE HAI XENTE QUE ESTÁ TENDO PROBLEMAS AO ENVIAR OS EXERCICIOS AO CORREO DA XUNTA, SE OS TEDES PODEDES PROBAR A ENVIALOS AO CORREO albertolagoferreira@gmail.com.
-
Boas a todas e todos, espero que esteades ben nesta xa terceira semana.
Luns 30 de marzo. Ides traballar A química na nosa vida (páxinas 118 e 119) e facedes os exercicios 25 e 26, estes exercicios debedes de facelos na libreta.
Martes 31 de marzo. A química e o medio ambiente (páxinas 120, 121 e 122) e visionades os seguintes videos
Choiva ácida
Efecto invernadoiro
Capa de ozono
Para a última hora da semana e do trimestre faredes o exercicio 16 da páxina 126, este exercicio debedes de de enviarmo ao meu correo con data límite o venres 3. Si podedes no mo mandar como unha foto, enviádemo mellor como un word ou un pdf.
Saúdos e ánimo que xa nos queda menos de reclusión, seguro que xa ides tendo ganas de volver a ter clase normal, quen o ía dicir. Coidádevos.
-
Ola a todas e todos, aquí estamos outra vez, espero que esteades todos ben.
Esta semana temos só dúas horas, xa que perdemos os dous grupos a hora do luns, polo tanto o traballo será para as dúas horas.
Imos comezar un tema novo, coincide co tema 6 do voso libro (Fuerzas y movimiento, páx 132), polo de agora imos traballar só a parte de movemento.
Para esta semana, imos traballar os conceptos de sistema de referencia, posición, desprazamento ..., son conceptos bastante sinxelos, aparecen na páxina 132 do voso libro. No seguinte vídeo tamén se explican eses contidos.
A primeira hora desta semana adicarédela a comprender estes conceptos, como a segunda hora a debedes adicar a facer os exercicios que vos propoño, debedes entregarme os exericios resoltos con data límite o luns 20.
Xa sabedes que se tedes calquera dúbida estou a vosa enteira disposición.
Saúdos e coidádevos moito.
-
Boas
Xa empeza outra semana, espero que esteades levando este confinamento o mellor posible, xa nos queda menos!
A maioría de vos está facendo un bo traballo, seguide así.
Esta semana imos seguir co tema que comezamos a anterior, traballaremos o concepto de velocidade e de movemento rectilíneo uniforme (MRU), que é aquel que leva un móbil que ten velocidade constante. Para que traballedes este tema súbovos uns apuntamentos o máis resumidos posibles, espero que vos resulten sinxelos. Na clase do luns 20 quero que leades os apuntamentos e os entendades, se tedes calquera dúbida preguntádeme.
Nas outras dúas clases que vos quedan teredes que facer os exercicios que están ó final, son un total de 6, polo tanto poderedes facer 3 cada día.
O grupo de 2º ESO A1 terá de prazo para entregalos ata o xoves 23 e o A2 ata venres 24.
Se tedes calquera dúbida poñédevos en contacto comigo.
Saúdos e ánimo.
-
Ola
Esta semana imos introducir un novo tipo de movemento, o movemento rectilíneo uniformemente acelerado (MRUA), que é aquel movemento no que a velocidade vai variando.
Pídovos que na primeira hora da semana leades os apuntes que tedes colgados e tentedes entendelos, se tedes calquera dúbida poñédevos en contacto comigo, e na segunda hora teredes que facer as 4 preguntas que están introducidas polos apuntes, están subliñadas de cor verde. Tedes de prazo ata o xoves 30 para entregalas.
Saúdos e coidádevos
-
Ola a todas e todos,
Esta semana imos a volver a repasar as gráficas MRU e MRUA, para eso cólgovos un par de vídeos.
Vídeo MRU.(mirádeo ata o 3:50)
Vídeo MRUA
Despois de ver os vídeos, repasar a teoría que vos pasei as dúas semanas anterios e mirar a teoría do libro da páxina 135. Debedes de facer tres exercicios sobre gráficas, páxina 154 exercicio 2 e 3 e páxina 155 exercicio 11.
Data límite para entregar os exercicios o grupo de A1 xoves 7 e A2 ata o venres 8.
Esta semana cólgovos tamén algún exercicio de repaso das avaliacións anteriores, para que poidades ir repasando e preparado as recuperacións, estes exercicios debedes de ir facéndoos ao voso ritmo. Se tedes dúbidas sobre estes exercicios debedes de preguntarme.
-
Ola
Aquí deixovos exercicios de repaso das avaliacións anteriores, para os que teñades algunha parte suspensa.
Na recuperación da 2ª avaliación non entra a parte de reaccións químicas.
-
Ola
Esta semana ímola a dedicar a repasar un pouco a primeira avaliación, contidos moi básicos, sinxelos e útiles. As tarefas de esta semana vanvos a resultar moi fáciles.
Os do grupo de 2ºESO A1 debe de entregar as tarefas como límite o xoves 14 e o grupo A2 o venres 15.
-
Ola
Esta semana vámola a dedicar a repasar as curvas de quencemento, para iso imos a empregar a applet:
http://labovirtual.blogspot.com/2014/04/curva-de-calentamiento.html
En esta ides a facer as experiencias que se vos piden e despois teredes que facer as actividades 4.1 e 4.2.
O grupo de 2º ESO A1 terá que entregar as tarefas o xoves 21 e 2º ESO A2 o venres 22.
-
Ola a todas e a todos
Veña que xa nos queda menos!
En xeral estades facendo un bo traballo. Esta semana teredes que facer un traballo de busca de información moi sinxelo. O grupo A1 terá que entregalo como límite o xoves 28 e o A2 o venres 29.
Ao largo da semana vou ir mandándovos un mail ao alumnado que debe de facer a recuperación de algunha avaliación, estade pendentes ao correo e se tedes calquera dúbida poñédevos en contacto comigo.
-
Boas a todas e todos
Esta semana déixovos colgados uns exercicios de repaso, están pensados para que todos poidades repasar o feito durante o curso. Recórdovos aos que tedes a materia suspensa que o exame é o día 16 de xuño e que tedes máis exercicios de repaso colgados con anterioridade e que deberíades ir facéndoos e preguntando as dúbidas que vos vaian xurdinto.
Para os que tedes todo aprobado tedes que entregar feitos os exercicios 4,6,7,9,13 e 15. O grupo de 2º A1 terá que entregalos con data límite o xoves 4 e o grupo A2 o venres 5.
-
Para a vindeira semana é o exame de recuperación, é o martes 16, a todos os que tedes que facer a recuperación xa vos debería de ter chegado a convocatoria para o exame, se tedes calquera dúbida avisádeme. Sede puntuais á hora que vos convoquei.
Esta semana non vos poñerei exercicios, repasade para os exames, pero se tedes calquera dúbida poñédevos en contacto comigo.
Sorte!!
-
Ola a todas e todos
Este curso tan atípico remata, quero felicitarvos polo que traballáchedes a maioría, dame pena non poder despedirnos de forma presencial.
Noraboa aos que aprobáchedes todo e aos que vos queda algunha preparádea ben para setembro que seguro que a sacades.
Déixovos uns pasatempos para esta última semana, para, se queredes repasar algo do feito durante o curso
https://vecinadelpicasso.wordpress.com/2012/02/08/pasatiempos-crucigramas-y-sopas-de-letras/
Aos que tedes que facer o exame de recuperación repasade e vémonos o martes.