Esquema de temas
-
Esta tarefa deben de facela o alumnado do grupo de 3º ESO A na clase do luns 16 a 1º hora, como xa deberían estar feitos os tres primeiros debedes de acabar o boletín.
-
Tarefa para o grupo de 3º ESO A (martes 17 a 5ª hora) e 3º ESO B (mércores 18 1ª hora)
-
Recordade que os dous grupos debedes entregar a tarefa de laboratorio, por ser esta unha semana un pouco especial, vou ampliarvos o plazo de entrega ata o venres 27 para os dous grupos, podedes facelo enviando un arquivo adxunto ao correo alferreira@edu.xunta.gal, indicando o nome dos compoñentes do grupo. Facédeo ben, que isto ten bastante peso na nota, se tedes calquera dúbida poñédevos en contacto comigo.
-
Esta semana imos traballar a velocidade da reacción química (páxina 82 e 83) podedes amplialo co vídeo
Tamén imos a traballar a teoría de colisións (páxina 84 e 85) ampliado co vídeo
Na primeira hora da semana os dous grupos debedes de facer as tarefas que están colgadas sobre a velocidade de reacción e a teoría de colisións.
E na segunda faredes un traballo sobre os factores que afectan a velocidade de reacción, en este traballo debedes de explicar coas vosas palabras cales son estes factores e como afectan poñendo exemplos de cada un deles, demostrando que entendedes o estudado. Tedes que entregar este traballo ao meu correo alferreira@edu.xunta.gal indicando o voso nome, como data límite o venres 27.
Se tedes calquera problema non dubidar en poñervos en contacto comigo.
Saúdos e ánimo
-
Boas a tod@s, xa imos pola 3ª semana.
As tarefas previstas para esta semana, serán para a primeira hora de clase o estudo da química e o medio ambiente (choiva ácida, efecto invernadoiro e destrucción da capa de ozono), só tedes que ler as páxinas 90 e 91 do libro e ver os seguintes vídeos.
Choiva ácida
Efecto invernadoiro
Destrucción da capa de ozono
Na segunda hora da semana ides facer uns exercicios de repaso do tema, estes tedes que enviarmos ao meu correo, con data límite o xoves 2.
Saúdos e coidádevos, que xa nos queda menos, seguro que xa empezades a botar de menos ir a clase.
ALGÚN DE VOS ESTÁ TENDO PROBLEMAS CO CORREO DA XUNTA PARA EVIAR AS TAREFAS, DE SER ASÍ PODEDES PROBAR CO CORREO: albertolagoferreira@gmail.com
-
Boas a todas e todos, espero que esteades ben e que recargárades as pilas para este último treito, que falta nos vai facer.
Como os exercicios de reaccións químicas que enviáchedes non están tan ben como desearía, imos dedicarlle un pouco máis de tempo a esta parte, xa que é moi importante que quede o máis claro posible. Por iso esta semana non avanzaremos no temario e seguiremos co tema co que estabamos.
Súbovos uns cantos vídeos onde se explica como facer este tipo de problemas:
Tamén vos vou deixar os exercicios corrixidos por min para que poidades velos, pódense facer de máis formas como xa comentáramos na clase. Ademais, durante esta semana voume poñer en contacto cos que mandáchedes os exercicios resoltos, para comentarvos de forma individual que tal os fixéchedes.
Polo tanto para as clases desta semana, o único que vos pido é que vexades os vídeos e os exercicios resoltos e que intentedes entendelos ben, e calquera dúbida que teñades deberedes de preguntarme, porque a semana que ben faremos unha proba con exericicios similares.
Un saúdo e coidádevos.
-
Boas a todas e todos
Espero que levedes o mellor posible este confinamento.
Esta semana, tal e como avisara na anterior, imos volver a facer uns exericicios de reaccións químicas. Son un total de 7 exercicios, polo tanto nas dúas horas semanais que hay, tedes tempo máis que suficiente.
É moi importante que os exericios os fagadades de forma individual e sería interesante que cando os fagades non teñades axudas de internet ou apuntes. Non vos estresedes, só é para saber como os ides facendo, xa que é posible que se faga unha proba de estes máis adiante. O que si me gustaría que me comentárades cando os entreguedes é o tempo que tardáchedes en facelos e as dificultades que atopáchedes.
O prazo de entrega é para 3ºA o martes 21 e para 3º B o xoves 23.
Calquera dúbida que teñades preguntádema.
Saúdos e a coidarse.
-
Ola a todas e todos
Debido a que nos exercicios da semana pasada houbo bastantes erros na formulación e que esta é unha parte básica para poder facer as reaccións químicas e da química enxeral, esta semana ímola adicar a repasar a formulación. Para iso deixovos uns apuntamentos de repaso de formulación e uns exercicios. Os exercicios subinos en formato word para que os fagades nese mesmo formato e mos enviedes, para facilitar a corrección, se alquén ten problemas con isto pode enviarme con foto como ata agora. O grupo de 3º A ten que enviar a formulación o martes 28 e 3º B o xoves 30.
Ademais, deixovos as correccións dos exercicios de reaccións químicas da semana pasada e é importatísimo que lles botedes un ollo e que miredes o que non entendedes, eso mismo pedínvolo na semana 4 e moita xente non fixo caso. Dígovos esto, porque a seguinte semana empezariamos con videochamadas e a primeira estaría adicada as dúbidas sobre reaccións químicas.
Saúdos
-
Ola a todas e todos
Esta semana imos a repasar o traballo de interpretación de datos e de gráficas que xa vimos na 1ª avaliación.
Data límite para entregar os exercicios 3ºA o martes 5 e 3º B o xoves 7.
Esta semana cólgovos tamén algún exercicio de repaso das avaliacións anteriores, para que poidades ir repasando e preparado as recuperacións, estes exercicios debedes de ir facéndoos ao voso ritmo. Se tedes dúbidas sobre estes exercicios debedes de preguntarme.
-
Na recuperación da 2ª avaliación non entran as reaccións químicas.
-
Ola
A partires de esta semana imos cambiar a forma de traballar, xa que imos a comezar con videoconferencias, serán os martes de 16:00 a 16:30 3º A e de 16:45 a 17:15 os de 3ºB. Polo tanto teredes que entregar os exercicios os dous grupos sempre os xoves.
-
Ola
Esta semana só vos pido que entreguedes un exercicio de reaccións químicas para o xoves 21 e ademais recordarvos que temos a videoconferencia e así remataremos con este tema.
-
Ola
Deixo colgado os apuntes do seguinte tema, tedes que ir léndoos, na vídeo desta semana traballaremos sobre eles, ao final tedes unha serie de exercicios, son para ir facéndoos pouco a pouco. Esta semana non teredes que entregar ningún.
Durante a semana irei mandándovos un mail avisando quen debe de recuperar cada avaliación, estade pendentes ao correo e se tedes calquera dúbida avisádeme.
-
Boas
Esta semana non teredes que entregar ningunha tarefa.
Aproveitádea para preparar a recuperación, os que non tedes nada que recuperar, debedes de ir lendo os apuntes que vos subín a semana pasada.
A videoconferencia desta semana será só para o alumando que teña algunha avaliación suspensa, para poder preparar o exame e comentar as dúbidas que teñades, os dous grupos teredes a videoconferencia á mesma hora, o martes ás 16.00.
-
Esta semana é o exame de recuperación, é o luns 8, a todos os que tedes que facer a recuperación xa vos debería de ter chegado a convocatoria para o exame, se tedes calquera dúbida avisádeme. Sede puntuais á hora que vos convoquei.
Esta semana non vos poñerei exercicios nin hai clase por videoconferencia, repasade para os exames.
Sorte!!
-
Ola a todas e todos
Este curso tan atípico remata, quero felicitarvos polo que traballáchedes a maioría, dame pena non poder despedirnos de forma presencial.
Noraboa aos que aprobáchedes todo e aos que vos queda algunha preparádea ben para setembro que seguro que a sacades.
Déixovos uns pasatempos para esta última semana, para, se queredes repasar algo do feito durante o curso.
https://www.areaciencias.com/ejercicios/ejercicios-fisica/crucigrama-sobre-la-materia/
https://sites.google.com/site/fisicaquimicalgb/dibujar-tabla/7-pasatiempos