Esquema de temas
-
Traballo correspondente á sesión do luns 16 de marzo. Correspondente ós grupos de 1ºBac A e 1º Bac B
-
Xa que para a sesión de mañá estaba planeado que traballárades no traballo escrito do voso videoclip, déixovos aquí o guión. Intentade na medida do posible facelo se podedes. Repartídevos o traballo entre os membros do grupo, para que cada un faga unha parte e podedes xuntala. Teredes que entregalo impreso á volta deste parón. Douvos opción de facelo en formato dixital ou papel, como prefirades.
Son consciente de que o traballo en grupo, estando cada un na súa casa é máis complexo, así que non vos preocupar. Organizarse se podedes para ir adiantandoo nestes días. Non vos preocupar, ide facendo o que poidades.
Xa que para mañá tamén estaba previsto que valorárades o traballo de cada compañeira/o dentro do grupo, aparécevos tamén a táboa cos aspectos que tiñades que valorar. Botádelle un ollo e ide pensando en que lle poñeríades a cada un, así poderemos facelo máis rápido na primeira sesión presencial que teñades.
Para os próximos días deixareivos algunha pequena tarefa de Primeiros Auxilios, nos días correspondentes a cada sesión, para que vaiades traballando cos apuntes e repasando.
Ánimo a todas/os co encerro e aproveitade para ir estudando.
-
-
Traballo correspondente á sesión do mércores 18 de marzo para o grupo de 1º Bac A
-
Ola a tod@s ! Déixovos un pequeno cuestionario de verdadeiro/falso en relación ós apuntes que tendes de " Lesións Deportivas e Primeiros Auxilios". Non tendes que imprimilo se non queredes. Podedes facelo noutra folla, poñendo a resposta ó lado do número correspondente a cada enunciado.
Esta tarefa non tendes que enviarma. Entregadesma á volta.
Aquelas tarefas que teñades que enviarme, xa o indicarei nas súas sesión correspondente.
Se alguén non ten os apuntes, pode enviarme un correo a : anosabelen@gmail.com e envíollos.
-
-
Traballo correspondente á sesión do luns 23 de marzo. Para os grupos de 1º Bac A e B
-
Aquí tendes o traballo para a sesión de hoxe. É un cadro que debedes rechear coas principais causas, primeiros auxilios e prevención das lesións que vos aparecen nos apuntes.
Recordade que podedes facelo en formato dixital ou en papel, e teredes que entregalo xunto coas demáis tarefas o primeiro día de clase.
-
Póñovos aquí un enlace a un adestramento "Tábata" (Adestramento interválico de alta intensidade HIIT). Consiste en facer 30 segundos de traballo e 10 segundos de descando, todo contínuo. Dura só 7 minutos e non precisades de ningún tipo de material complexo. Só unha parede, unha silla e unha alfombra.
Para os que se aburran moito e teñan ganas de sudar, se lle dades 2 voltas asegúrovos que é efectivo.
Deixareivos outro para a próxima sesión.
Dádelle duro. Ánimo a tod@s.
-
Déixovos tamén a táboa en formato word por se queredes recheala directamente e aforrar tempo.
Poñede os puntos máis importantes en cada lesión, non poñades todo ó pé da letra.
IMPORTANTE!!!
O LONGO DO DÍA DE HOXE INTENTADES ENVIARME UN CORREO ELECTRÓNICO DENDE A VOSA DIRECCIÓN DE "GMAIL". FAREI UNHA NOVA LISTA, XA QUE HAI CORREOS QUE NON TEÑO E OUTROS QUE TEÑEN A DIRECCIÓN MAL POSTA. MAÑÁ TRATAREI DE METERVOS A TODOS NA PLATAFORMA "CLASSROOM" PARA QUE POIDADES ENVIARME OS TRABALLOS QUE EU VOS DIGA (XA VOS INDICAREI CALES). MAÑÁ TAMÉN VOS ENVIAREI UN CORREO EXPLICANDOVOS TODO.
Volvo a poñervos aquí a miña dirección: anosabelen@gmail.com
Penso que a maioría teredes conta de gmail. Se non é así, facede o esforzo de crear unha para que poidamos traballar de forma máis doada todos.
-
-
Traballo correspondente á sesión do mércores 25 de marzo. Grupo 1º Bac A.
Para a sesión de hoxe, guiándovos polos apuntes de Primeiros Auxilios debedes facer un resumo/esquema dos seguintes puntos:
1. Actuacións ante posibles paradas cardio-respiratorias: Persoa consciente, persoa inconsciente que respira, persoa inconsciente que non respira.
2. Pasos a seguir e a ter en conta para aplicar unha correcta RCP ante unha parada cardio-respiratoria.
3. A Posición Lateral de Seguridade (PLS): pasos a seguir, para qué nos serve?
Axudarse das cousas que nos contaron os voluntarios da Cruz Roxa na charla.
Tendes na canle de "Youtube" un montón de vídeos sobre os primeiros auxilios, lesións, RCP, maniobra de Heimlich, etc. que vos poden axudar e seguro que vos poden axudar.
Se tendes dúbidas escribídeme.
IMPORTANTE: TANTO A TAREFA DO CADRO DA SESIÓN DO LUNS, COMA A DE HOXE DEBEDES ENVIARMA A TRAVÉS DE "CLASSROOM".
TENDES ATA O MARTES 31 DE PRAZO (INCLUÍDO).
AQUELAS/ES QUE AÍNDA NON O FIXÉRADES, TENDES QUE EVIARME UN CORREO PARA QUE POIDA INVITARVOS E POIDADES ACCEDER.
A miña dirección é: anosabelen@gmail.com
-
Aquí tendes o link a 2 vídeos que quedaron pendiente o día da teoría.
O primeiro é un respaso de RCP.
O segundo unha canción de rap que inventaron uns xóvenes e que vai explicando os pasos ante unha parada cardio-respiratoria.
-
Aquí vos deixo outro exemplo de adestramento tábata. Este en grupo e con exercicios bastante sinxelos. Podedes adaptalo tamén con exercicios do voso nivel, outros que vos queirades ou puxérades no voso plan de adestramento.
Hai millares deles na rede para que vexades exemplos. Moito coidadiño cos exercicios, escollédeos ben, que non sexan demasiado esixentes que vos podedes mancar.
A sudar!
-
Traballo correspondente á sesión do xoves 26 de marzo. Grupo 1º Bac B
Para a sesión de hoxe, guiándovos polos apuntes de Primeiros Auxilios debedes facer un resumo/esquema dos seguintes puntos:
1. Actuacións ante posibles paradas cardio-respiratorias: Persoa consciente, persoa inconsciente que respira, persoa inconsciente que non respira.
2. Pasos a seguir e a ter en conta para aplicar unha correcta RCP ante unha parada cardio-respiratoria.
3. A Posición Lateral de Seguridade (PLS): pasos a seguir, para qué nos serve?
Axudarse das cousas que nos contaron os voluntarios da Cruz Roxa na charla.
Tendes na canle de "Youtube" un montón de vídeos sobre os primeiros auxilios, lesións, RCP, maniobra de Heimlich, etc. que vos poden axudar e seguro que vos poden axudar.
Se tendes dúbidas escribídeme.
IMPORTANTE: TANTO A TAREFA DO CADRO DA SESIÓN DO LUNS, COMA A DE HOXE DEBEDES ENVIARMA A TRAVÉS DE "CLASSROOM".
TENDES ATA O MARTES 31 DE PRAZO (INCLUÍDO).
AQUELAS/ES QUE AÍNDA NON O FIXÉRADES, TENDES QUE EVIARME UN CORREO PARA QUE POIDA INVITARVOS E POIDADES ACCEDER.
A miña dirección é: anosabelen@gmail.com
-
Aquí tendes o link a 2 vídeos que quedaron pendiente o día da teoría.
O primeiro é un respaso de RCP.
O segundo unha canción de rap que inventaron uns xóvenes e que vai explicando os pasos ante unha parada cardio-respiratoria.
-
Aquí vos deixo outro exemplo de adestramento tábata. Este en grupo e con exercicios bastante sinxelos. Podedes adaptalo tamén con exercicios do voso nivel, outros que vos queirades ou puxérades no voso plan de adestramento.
Hai millares deles na rede para que vexades exemplos. Moito coidadiño cos exercicios, escollédeos ben, que non sexan demasiado esixentes que vos podedes mancar.
A sudar!
-
Contidos para a sesión correspondente ó luns 30 de marzo para os grupos de 1º BAC A e 1º BAC B
-
Posto que esta semana ía celebrarse a semana cultural, propóñovos unha actividade máis lúdica. Aproveitade esta semana para ver algunha peli que estea centrada no deporte ou nos valores deste. Pode ser unha peli, documental, reportaxe, etc. Algún que vos coñezades, que queirades ver ou ó cal teñades acceso.
Unha vez vista, debedes facer una pequena tarefa que conteña os seguintes puntos:
- Título
- Deporte principal. Que tipo de deporte é?
- Valores deportivos, persoais, emocións ou sentimentos que fóstedes identificando nela.
- Pequena valoración persoal.
Enriba déixovos uns enlaces a unhas páxinas nas que aparecen unha listaxe das mellores pelis e documentais deportivos.
Tedes ata o domingo para subi-lo ó Classroom
-
Sesión correspondente ó mercores día 1 para o grupo de 1º BAC A
-
Hola de novo !
Para a sesión de hoxe, cada un de vós terá que deseñar unha sesión de adestramento para unha das Capacidades Físicas ( a que vós escollades). Debe ser unha sesión que poidades facer na vosas casas estes días de confinamento, e quero que empreguedes só material doméstico para a realización dos exercicios. Por exemplo: sillas, botellas, mangos de escobas, etc. Todo o que a vós se vos ocurra, pero que non sexa material deportivo, ainda que dispoñades del.
Tedes que indicar:
- A que capacidade física vai dirixida.
- Os exercicios que empregades.
- O Volume e a Intensidade da sesión.
- O material que empregades.
- Outros como poden ser utilización de música, etc.
(Este guión é orientativo. Cada un que o estructure como mellor lle pareza)
TEDES ATA O DOMINGO (INCLUSIVE) PARA SUBIR ESTA TAREFA E A DO LUNS.
No enlace de enriba, déixovos unha tabla mensual con rutinas correspondentes a cada día. Neste caso é para o mes de marzo, pero pode servir para calquera outro. Pasáronmo, e penso que está ben para ver diferentes tipos de rutinas. Se picades en cada día, diríxevos a un video. Aparecen diferentes métodos de adestramento e de actividades para diferentes grupos muculares. Só vo-lo deixo por se alguén quere recursos para adestrar nesta tempada, e porsuposto que podedes sacar ideas para a sesión de hoxe (que non quere dicir copialas).
O cadro é independente, non tedes que usalo para deseñar a sesión.
Espero que todos estedes ben. Desfrutade das vacacións na medida do posible.
Moito ánimo!
-
-
Sesión correspondente ó mercores día 1 para o grupo de 1º BAC B
-
Hola de novo !
Para a sesión de hoxe, cada un de vós terá que deseñar unha sesión de adestramento para unha das Capacidades Físicas ( a que vós escollades). Debe ser unha sesión que poidades facer na vosas casas estes días de confinamento, e quero que empreguedes só material doméstico para a realización dos exercicios. Por exemplo: sillas, botellas, mangos de escobas, etc. Todo o que a vós se vos ocurra, pero que non sexa material deportivo, ainda que dispoñades del.
Tedes que indicar:
- A que capacidade física vai dirixida.
- Os exercicios que empregades.
- O Volume e a Intensidade da sesión.
- O material que empregades.
- Outros como poden ser utilización de música, etc.
(Este guión é orientativo. Cada un que o estructure como mellor lle pareza)
TEDES ATA O DOMINGO (INCLUSIVE) PARA SUBIR ESTA TAREFA E A DO LUNS.
No enlace de enriba, déixovos unha tabla mensual con rutinas correspondentes a cada día. Neste caso é para o mes de marzo, pero pode servir para calquera outro. Pasáronmo, e penso que está ben para ver diferentes tipos de rutinas. Se picades en cada día, diríxevos a un video. Aparecen diferentes métodos de adestramento e de actividades para diferentes grupos muculares. Só vo-lo deixo por se alguén quere recursos para adestrar nesta tempada, e porsuposto que podedes sacar ideas para a sesión de hoxe (que non quere dicir copialas).
O cadro é independente, non tedes que usalo para deseñar a sesión.
Espero que todos estedes ben. Desfrutade das vacacións na medida do posible.
Moito ánimo!
-
-
Ola de novo a tod@s !!
Comezamos o 3º trimestre do curso. Non temos a sorte de ser libres ainda, así que debemos poñerlle entre todos un pouco de ganas, ánimo e bo humor dentro das posibilidades. Moito pronto andaredes por aí a pasear e a desfrutar dos momentos máis que antes seguramente. Mentras, hai que ir traballando e entreténdose.
Nas primeiras sesións iremos pechando contidos do 2º Trimestre e pouco a pouco iremos avanzando con outros novos. Durante estas semanas tratarei que a maioría das tarefas sexan de caracter práctico, xa que a nosa materia é eminentemente práctica. Ademais, o exercicio é moi necesario e favorecedor nunha situación coma a que vivimos, para que nos sintamos mellor en todos os aspectos. " Non hai nada que non cure un bo adestramento".Algúns dos traballos teredes que envia-los en video ou fotos.
Outros traballos serán de carácter teórico, en función dos contidos que vaiamos traballando.
Nesta materia teremos que ir adaptando entre todos o xeito de traballar, xa que non dispoñemos nin do espazo nin do material habitual. Estou segura de que poñendo todos da nosa parte podemos facer moitas cousas.
Nos apartados correspondentes a cada sesión irán aparecendo os contidos e tarefas.
Moito ánimo!
-
Xa que todo o que se empeza débese acabar, para deixar máis ou menos pechados os contidos do 2º Trimestre, esta semana imos pechar a parte práctica do voso "Videoclip". Ainda que non sexa da forma que tiñamos pensado, creo que podemos darlle un bo producto final, ainda que sexa diferente.
Para iso, cada un de vós terá que ensaiar e gravar unha coregrafía para a canción que tiñades escollida co voso grupo. Podedes facer os mesmos pasos que xa tiñades ensaiados, meter pasos novos, adaptalos, etc. Iso deixoo á elección de cada un.
Non hai nin que dicir, que o video só o vou a ver eu. Xa vos vin bailar moito e non me vou a asustar, así que nin vergoñas, nin excusas. Aproveitade pa bailar un pouco e pasalo ben un anaco cada día de paso que ensaiades. Podedes engadir vestiario, decoración ou o que vós queirades ( con sentidiño ) se vos apetece.
Tendes ata o luns (inclusive) para subilo ó Classroom, nunha tarefa correspondente que crearei.
As persoas que non enviástedes ningunha tarefa, recoméndovos que o fagades este trimestre. Non vos deixedes levar polos rumores dese "Aprobado xeral", que non existe.
-
Para esta semana imos a retomas a tarefa que vos mandara para a última semana do 2º Trimestre e que finalmente vos suspendera. Recórdovos en que consistía:
Sesión 1 (Luns 20 para BACH. A e B)
Cada un de vós terá que deseñar unha sesión de adestramento para unha das Capacidades Físicas ( a que vós escollades). Debe ser unha sesión que poidades facer na vosas casas estes días de confinamento, e quero que empreguedes só material doméstico para a realización dos exercicios. Por exemplo: sillas, botellas, mangos de escobas, etc. Todo o que a vós se vos ocurra, pero que non sexa material deportivo, ainda que dispoñades del.
Tedes que indicar:
- A que capacidade física vai dirixida.
- Os exercicios que empregades.
- O Volume e a Intensidade da sesión.
- O material que empregades.
- Outros como poden ser utilización de música, etc.
(Este guión é orientativo. Cada un que o estructure como mellor lle pareza)
Tendes de prazo ata o mércores 22 para subila ó Classroom.
Aquelas persoas que xa o fixeran, simplemente terán que subilo á plataforma.
Sesión 2 ( Mércores 22 BACH A e Xoves 23 BACH B)
Agora tendes que levar a vosa rutina á practica. Debedes gravala e subila. O ideal é que a poñades en práctica polo menos 2 días e así xa a teñades controlada á hora de gravala.
Xa que os vídeos pesan moito e son complicados de subir, intentade non facelos moi longos. Por exemplo, se o voso adestramento é un circuíto pois gravade só unha serie, reducindo as repeticións, ainda que o que teñades deseñado sea máis. Cada un que adapte en función do tipo de adestramento que escolla. Que o video sexa máis a modo explicativo e con exemplo, que un adestramento en tempo real.
Podedes facer unha breve explicación ó inicio do vídeo indicando en que consiste o adestramento e os principais exercicios que inclúe. O adestramento completo xa o podo ver no formato escrito que me tendes que entregar antes do xoves.
En canto ós videos en xeral, canta máis calidade teñen máis complicado é colgalos. Se tendes que poñerlle peor calidade ou tende posibilidade de baixarlla facédeo, non importa que teñan unha resolución baixa nin pouca calidade. Prefiro que non vos dean problemas á hora de subilos.
O prazo para subir a gravación é ata o venres 24 inclusive.
Dádelle caña!
-
Durante estas semanas de confinamento seguro que víchedes un montón de retos.
Para esta semana déixovos aquí estes 3. O que queira pode practicalos e de paso sudar un pouco. Se queredes podedes gravar algún e enviarmo. Os desta semana son voluntarios e opcionais.
Xa vos irei deixando máis de diferentes dificultades.
-
Ola!
Esta semana o traballo vai ser algo máis relaxado. Xa traballáchedes moito e moi ben estas últimas semanas. Imos apagar un pouco a cabeza e darlle solo ó corpo.
Propóñovos 6 retos físicos dos cales teredes que escoller entre 2. Os 6 retos que escollín están no Classroom, na tarea correspondente que creei. Practicádeos e subídelos nesa mesma tarefa. A maioría son faciliños e seguro que o pasades ben intentándoo. Ademais así os videos serán curtiños e evitareivos tantos problemas á hora de subilos. Grazas polo voso esforzo, que xa sei que dan a lata.
O ideal é que fagades o adestramento que deseñáchedes a semana pasada, polo menos os días que tíñamos clase, para mantervos en forma e entrar en calor. En quente, resultaravos máis sinxelo practicar os retos e sairán antes, veredes.
As persoas que xa me enviaron algún reto voluntario a semana pasada, teñen que coller 2 diferentes ós que xa fixeron.
Tendes de prazo ata o venres 8 de maio inclusive.
Dádelle caña!
-
VIDEOCONFERENCIA
A partires desta semana ides a dispoñer de media hora de videoconferencia para preguntarme posibles dúbidas que teñades en canto ás tarefas da semana, dúbidas da plataforma, etc. Estas videoconferencias non son de asistencia obrigatoria. Se algún día preciso que todos vos conectedes, informareivos con tempo para unha semana en contreto nese horario.
Para acceder só teredes que picar nun enlace que vos mandarei por correo e xa conectaredes co meu canal.
O horario establecido é o seguinte:
LUNS de 12:45 a 13:15 (TITORÍA SÓ 1ºB)
MÉRCORES de 12:45 a 13:15 (1ºA)
MÉRCORES DE 13:30 A 14:00 (1ºB)
-
Posto que vos apliei o prazo de entrega, esta semana continuamos co traballo proposto para a semana anterior.
Recórdovos que tendes ata o venres 8 para entregar.
-
Ola a tod@s!
Nesta semana imos empezar con un dos traballos teóricos que vos comentei.
O traballo consiste no diseño dunha sesión de adestramento para unha determinada modalidade deportiva, con unhas determinadas características. A modalidade deportiva escolleréde-la vós de entre 3. Eu propóñovos 10. Faredes unha votación cada grupo e as 3 máis votadas serán as candidatas entre as que poderedes escoller.
Aquí abaixo déixovos un video no cal vos explico detalladamente todo.
Tamén vos deixo o guión do traballo.
A data límite de entrega será o mércores 27 de maio (inclusive).
Tendes que subilo ó "Classroom" na súa tarefa correspondente. Deixareivos alí tamén o guión do traballo.
Se tendes dúbidas resolvémolas o mércores na videoconferencia.
Ánimo.
-
Este é o guión que debedes seguir para elaborar o adestramento.
-
Neste video explícovos un pouco máis con detalle como realizar o traballo.
-
Aquí vos deixo o gráfico cos resultados das vosas votacións. As modalidades gañadoras, e entre as cales podedes escoller son:
- Fútbol / fútbol sala.
- Remo.
- Voleibol.
-
-
Ola a tod@s!
Visto o éxito dos retos e que estades todos en plena forma, para esta semana déixovos outros 3.
Os 3 que vos deixo para esta semana xa son algo máis complicados, andade con coidado e sentidiño por favor. Non vos lesionedes.
Tendes os videos no Classroom, na tarefa correspondente que creei co nome de "Retos 2".
O prazo para entregalos é ata o domingo 24 inclusive.
Estou segura de que conseguiredes máis de un !!!
Ánimo
-
Recordade que tendes que seguir co traballo da sesión de adestramento para a modalidade deportiva que escollérades.
Non vos olvidar que o prazo para subilo é ata o MÉRCORES 27 inclusive.
Ánimo, que queda menos!
-
Ola a todas e todos, imos coa última tarefa deste caótico curso 2019/2020.
Nesta última tarefa vou a deixarvos bastante liberdade para que esollades unha actividade, xogo, deporte, reto,etc.
Pois ben, o requisito é que me envíedes un vídeo con algún tipo de actividade física executada por vós.
Pode ser individual ou incluso grupal. Pode ser un adestramento que vós fagades normalmente, pode ser un xogo ou deporte que practiquedes en grupo, xogos individuais (por exemplo populares), práctica de algún tipo de actividade no medio natural (agora que fai bo tempo), técnicas ou modalidades de relaxación, xogos en familia, práctica de técnicas específicas dalgún deporte, actividades con base musical que practiquedes, rutinas de adestramento para algunha capacidade concreta,etc, etc,. Tendes infinidade de posibilidades para escoller en canto ós vosos gustos e prácticas habituais.
No vídeo teredes que explicarme un pouco en que consiste e de que se trata a actividade que escollíchedes, e por que a escollíchedes.Tamén debedes explicar que beneficios vos aporta ese tipo de práctica a nivel persoal e cales son as principais capacidades, tanto físicas (resistencia, forza, velocidade, flexibilidade) coma coordinativas (equilibrio, coordinación, ritmo, ...) e outra importantes que vós consideredes que traballades coa súa práctica. En todo tipo de actividade que requira movemento estamos traballando algunha desas capacidades, ainda que sexa en maior ou menor medida.
Como xa vos dixen deixovos moita liberdade para que fagades o vídeo como queirades e para que orientedes a tarefa a unha estrutura tamén persoal. Intentade ser orixinais e esforzádevos un pouco que xa é a última. Non me entreguedes un simple exercicio illado que non teña que ver con nada, xa que ese non é o obxetivo. Debe ser algo máis persoal que recolla diferentes aspectos traballados durante o curso.
Enviáchedesme durante este tempo cousas moi chulas e valóroas moito, de verdade.
O mércores se tendes dúbidas resolvémo-las na videoconferencia.
A data límite de entrega é o VENRES 12 DE XUÑO. Crearei no classroom a tarefa correspondente.
Ánimo!
-
Ola a tod@s!
Aquí vos deixo un documento no cal se vos explica que criterios se seguiron para puntuar as tarefas traballadas durante o periodo telemático (final do 2º trimestre e 3º trimestre).
Xa os expliquei nas últimas videoconferencias que tivemos, pero quédavos aquí o documento escrito por se tendes dúbidas.
Darvos a máis sinceira noraboa polo traballo que leváchedes a cabo neste confinamento, que de boa man sabemos que non foi doado. A nivel xeral, traballáchedes moito e moi ben. Non podo estar máis contenta.
Espero que todas e todos pasedes un bo verán!
Unha aperta!
-
Este é o pdf.
-