Esquema de temas

  • Luns 16. Grupo B

    Traballo correspondente á sesión do luns 16 de marzo para os alumnos de 2º ESO B

    • Neste vídeo podedes ver os diferentes pasos para executar un "volteo adiante", os erros máis comúns á hora de executala, algúns exercicios de progresión para conseguir facela e a súa "axuda" correspondente. 

      Observade o vídeo e xunto cos apuntes debedes de facer un resumo do mesmo, que conteña os seguintes puntos:

      1. Pasos do volteo adiante.

      2. Errores máis comúns.

      3. Axuda para o volteo adiante.

      Tedes que facelo en papel e entregalo á volta destes 15 días. 

      DEBEDES PICAR ONDE PON "VOLTEO ADIANTE" PARA VER O VÍDEO !!!

  • Luns 23. Grupo B

    Traballo correspondente á sesión do luns 23 de marzo para o grupo de 2º ESO B

    • Neste vídeo podedeso observar unha progresión do "Volteo atrás" cos seus pasos principais. Tamén os principais erros que se comenten á hora de executalo, así coma as axudas.

      Entre o visionado do vídeo e os apuntes que tedes de "Habilidades Ximnásticas", debedes facer un pequeno resumo deste elemento que inclúa os seguintes puntos: 

      1. Diferentes pasos para executar correctamente o elemento.

      2. Erros máis común na súa execución.

      3. Como se realiza a "Axuda" neste elemento.

      Facédeo nun folio e entregádelo á volta destes 15 días.

      TEDES QUE PICAR ONDE PON "VOLTEO ATRÁS" E ABRIRASE O VÍDEO !!!

  • Xoves 26. Grupo A

    Traballo correspondente á sesión do xoves 26 de marzo para o grupo de 2º ESO A

    • Neste vídeo podedeso observar unha progresión do "Volteo atrás" cos seus pasos principais. Tamén os principais erros que se comenten á hora de executalo, así coma as axudas.

      Entre o visionado do vídeo e os apuntes que tedes de "Habilidades Ximnásticas", debedes facer un pequeno resumo deste elemento que inclúa os seguintes puntos: 

      1. Diferentes pasos para executar correctamente o elemento.

      2. Erros máis común na súa execución.

      3. Como se realiza a "Axuda" neste elemento.

      Facédeo nun folio e entregádeo á volta destes 15 días.

      TEDES QUE PICAR ONDE PON "VOLTEO ATRÁS" E ABRIRASE O VÍDEO !!!

  • Venres 27. Grupos A e B

    Traballo correspondente á sesión do venres 27 de marzo para os grupos de 2º ESO A e B

    • Para o día de hoxe déixovos 3 elementos que xa vimos na clase. Xa traballamos os diferentes pasos para chegar a facelos e os aspectos máis importantes á hora da seguridades, así como as axudas. Os vídeos correspóndense cos seguintes elementos : roda lateral, equilibrio invertido de brazos e equilibrio invertido de cabez.

      Entre o visionado do vídeo e os apuntes que tedes de "Habilidades Ximnásticas", debedes facer un pequeno resumo de cada un destes elemento indicando de cada un:

      1. Diferentes pasos de cada elemento.

      2. Aspectos fudamentais para a súa correcta execuación. Por exemplo bloqueo de brazos , chegar á vetical, etc

      3. Como se realiza a "Axuda" neste elemento.

      Facédeo nun folio. Teredes que entregalo o primeiro día de clase, xunto cos traballos de dias anteriores.

      TEDES QUE PICAR ONDE APARECEN OS NOMES DOS ELEMENTOS EN AZUL E ABRIRASE O VÍDEO !!!

      Ánimo para todos. Podedes ir practicando algúns dos elementos na casa, sempre con moito coidadiño e facendo un bo quencemento antes.

  • Luns 30. Grupo B

    Traballo a realizar para a sesión do luns 30 de marzo para o grupo de 2ºESO B

    • Aquí vos deixo un video para o traballo de hoxe. O video correspondese a un exercicio de Ximnasia Artística, na modalidade de "Suelo Femenino" das últimas olimpiadas celebradas en Rio de Janeiro, Brasil no 2016. A ximnasta é Simone Biles, a gañadora do Ouro nesta modalidade. É a mellor ximnasta do momento a nivel mundial.  

      A tarefa que tendes que realizar é a seguinte:

      Ver o video e analizar os elementos ximnásticos que ides identificando ó longo del. Os elementos que veredes van a ser principalmente xiros, saltos e algún equilibrio. Ide apuntando nunha folla aqueles que vaiades identificando e indicade en que minuto do video aparecen. Podedes repasar o video todas as veces que queirades e ir parándoo para que vos resulte máis sinxelo encontralos. 

      IMPORTANTE: TODOS OS TRABALLOS QUE VOS FUN MANDANDO Ó LONGO DESTAS SEMANAS TENDES QUE ENVIARMOS POR CORREO ELECTRÓNICO Ó LONGO DESTA SEMANA. TENDES ATA O DOMINGO (INCLUIDO) DE PRAZO. PODEDES ENVIARMO EN FORMATOS DIXITAIS (WORD, PDF OU SIMILARES), OU FOTOS DO QUE TEÑADES FEITO Á MAN EN FOLLAS. 

      É PREFERIBLE QUE ME ENVIEDES TODAS AS TAREFAS NUN MESMO CORREO, PARA QUE ASÍ NON POIDA ORGANIZALAS MELLOR. 

      Recordade que o meu correo é : anosabelen@gmail.com

  • Xoves 2. Grupo A

    Traballo a realizar para a sesión do xoves 2 de Abril para o grupo de 2ºESO A

    • Aquí vos deixo un video para o traballo de hoxe. O video correspondese a un exercicio de Ximnasia Artística, na modalidade de "Suelo Femenino" das últimas olimpiadas celebradas en Rio de Janeiro, Brasil no 2016. A ximnasta é Simone Biles, a gañadora do Ouro nesta modalidade. É a mellor ximnasta do momento a nivel mundial.  

      A tarefa que tendes que realizar é a seguinte:

      Ver o video e analizar os elementos ximnásticos que ides identificando ó longo del. Os elementos que veredes van a ser principalmente xiros, saltos e algún equilibrio. Ide apuntando nunha folla aqueles que vaiades identificando e indicade en que minuto do video aparecen. Podedes repasar o video todas as veces que queirades e ir parándoo para que vos resulte máis sinxelo encontralos. 

      IMPORTANTE: TODOS OS TRABALLOS QUE VOS FUN MANDANDO Ó LONGO DESTAS SEMANAS TENDES QUE ENVIARMOS POR CORREO ELECTRÓNICO Ó LONGO DESTA SEMANA. TENDES ATA O DOMINGO (INCLUIDO) DE PRAZO. PODEDES ENVIARMO EN FORMATOS DIXITAIS (WORD, PDF OU SIMILARES), OU FOTOS DO QUE TEÑADES FEITO Á MAN EN FOLLAS. 

      É PREFERIBLE QUE ME ENVIEDES TODAS AS TAREFAS NUN MESMO CORREO, PARA QUE ASÍ NON POIDA ORGANIZALAS MELLOR. 

      Recordade que o meu correo é : anosabelen@gmail.com

  • Venres 3. Grupos A e B

    Material correspondente á sesión do venres 3 de abril para os grupos de 2ºESO A e 2ºESO B

    • Na sesión de hoxe imos empezar a traballar con contidos de "Baile tradicional galego", tal e como estaba previsto se tivéramos clase.

      Aí enriba podedes ver un documento donde vos explica os aspectos máis importantes dos bailes tradicionais galegos, cales son, cal é a súa estructura, etc. Dentro deste documento, na parte final podedes observar uns enlaces á uns videos para diferenciar algún deses bailes. 

      Lede o documento e botádelle un ollo ós videos, xa que traballaremos con eles nas próximas sesións.

    • Nestes dous videos que vedes enriba, ensínanvos os pasos básicos da "Muiñeira" e como executalos. Védeos e practicádeos, xa que son moi sinxelos e teredes que saber facelos á volta das clases. 

      Moito ánimo para todas e todos. Desfrutade das vacacións, ainda que sexan algo raras.

      Unha aperta.

  • TERCEIRO TRIMESTRE

    Ola a todas e todos de novo !! 

    Espero que levedes ben o confinamento. Ánimo a todos que xa queda menos. Veredes que moi pronto andades por ahí a pasear cos vosos amigos e desfrutando. 

    Ó longo destas semanas teremos que seguir adaptándonos a esta situación. Así que faremos o posible para poder traballar dende as nosas casas cos recursos que temos. Neste trimestre mandareivos algunhas tarefas prácticas para que ademais de aprender, fagades exercicio, o cal é moi beneficioso para a vosa saúde física e mental no día a día, e máis se cabe nunha circunstancia coma esta. 

    O longo das sesión xa vos irei concretando o que imos a traballar.

    Moito ánimo

    Recórdovos o meu enderezo de correo: anosabelen@gmail.com

  • Xoves 16 abril (2ºA)

    Nestas primeiras sesións imos a seguir traballando cos bailes tracicionais galegos. 

    Hoxe imos a seguir coa muiñeira e imos a recordar o que xa víramos antes das vacacións. Para a sesión de hoxe tendes que practicar a secuencia de pasos básicos final que aparece no video número 2 da última sesión (venres 2 de abril). O conxunto de pasos que o rapaz executa con música contra o final do video é o que tendes que saber facer. Mirade para refrescar o video 1, onde vos vai explicando pouco a pouco como se executa cada pasao de forma illada, para despois xuntalos. 

    É importante que aprendades a facelos, xa que son a base e despois iremos complicandoos en seguintes sesión.

    Ánimo e a bailar!

  • Venres 17 abril (2ºA e 2ºB)

    • Na sesión de hoxe imos a seguir coa práctica dos pasos básicos e puntos da muiñeira.

      Podedes ver enriba o enlace a un novo video. Neste video aparecen os puntos feitos nos videos anteriores, peor agora engadindolle a acción dos brazos e tamén as chamadas "voltas" entre cada punto. Ademais tamén vos ensina algún punto novo. 

      Tendes que ver o video e ir practicando os diferentes punto e voltas que vos vai explicando ese profre. Ide pouco a pouco, cada un/unha ó seu ritmo. Volvede ós video 1 e 2  (sesión do venres 3) se o necesitades, para ver cales son os elementos básicos deste baile e como se executan. 

      Practicade xa que en vindeiras semanas seguramente teñades que enviarme algunha gravación bailando algúns dos puntos que aparecen nos vídeos. Non se preocupar, que estou segura de que a todas e todos vos vai sair ben. Comezade facendoos despacio e sen música. Podedes darlle para diante e para atrás todas as veces que queirades ós videos para que vos quede claro. Esa é unha das ventaxas de traballar na casa.

      Moito ánimo a todas e todos!

      Bailade moito!

  • Luns 20 abril (2ºB) / Xoves 23 abril (2ºA)

    Na semana de hoxe imos ver os frutos deses ensaios en tempo de confinamento. Para iso todos tendes que saber facer (mellor ou peor) os dous puntos de muiñeira que o rapaz nos ensina nos vídeos que vos fun colgando. Para iso, teredes que grabar un video e enviarmo. 

    A parte que tendes que bailar no vídeo son os 2 PUNTOS que se ensinan nos vídeos. Para que non teñades dúbidas son os 2 puntos que o rapaz baila con brazos no video "Muiñeira 3" que vos subín o venres. Concretamente entre os minutos 3:20 e 4:25. Podedes bailalos con música ou sen música, como vós queirades. Se o facedes con música, podedes poñer unha muiñeira calquera ou coa do vídeo de fondo. Iso deixoo á vosa elección. 

    Os alumnos e alumnas de 2ºB tendes ata o mércores inclusive para envia-lo.

    Os alumnos e alumnas de 2ºA tendes ata o sábado inclusive (xa que a vosa sesión non é ata o xoves).

    Practicade un pouco. Estou segura de que vos sairá a todos moi ben.

    Ánimo

  • Venres 24 abril (2ºA e 2ºB)

    Para a sesión de hoxe prepareivos dúas actividades para traballar a teoría do "Baile Galego" dunha forma un pouco máis entretida que vos axudará tamén a pasar o tempo nestes días de confinamento. Trátase dun crucigrama e dunha sopa de letras que podedes ver aquí abaixo. Neles teredes que buscar e adiviñar palabras relacionadas cos aspectos máis importantes do baile galego. Son palabras que aparecen nos apunte. Podedes axudarvos deles se o necesitades. 

    Podedes imprimilos e facelos, pasalos a un papel, facelos directamente no ordenador con algún programa que vos permita editar o documento, etc. Iso deixoo á vosa elección. 

    Tendes de prazo ata o luns (inclusive) para entregalo no "Classroom". SEMPRE NO CLASSROOM.

    Por favor, recordade que cando subades as tarefas tendes que darlle a entregar, senón a tarefa ainda que estea subida, aparecerá como non entregada. Ide probando que o estades a facer moi ben. 

    Por certo, estades feitos uns bailadores e bailadoras espectaculares! Cando vaia correxindo os videos, xa vos poño comentarios personalizados. 

    Moito ánimo para todos e todas!

    • Esta é a sopa de letras. Tendes que buscar nela as palabras que vos aparecen abaixo do cadro con letras.

    • Este é o crucigrama. Tendes que adiviñar a palabra que corresponde a cada número ( colocada en vertical ou horizontal) das definicións que vos aparecen na parte de abaixo.

  • Luns 27 de abri (2ºB) e xoves 30 de abri (2ºA)

    Esta semana imos a seguir cos contidos de danzas e bailes tradicionais. Posto que só teremos unha sesión (xa que o venres é festivo) imos a deixar de lado o Baile Galego un pouco e imos traballar con "Danzas do mundo".

    Tende aquí abaixo un video no cal vos aparecen diferentes tipos de danzas. Danzas e bailes de diferentes países do mundo e de diferentes rexións (algunha española). 

    Tendes que ver o video e anotar (nunha folla, nun documento word, ou no que prefirades) as seguintes cousas:

    • O nome dos diferentes sitios (países ou rexións) ós que pertence a danza.
    • Explicar brevemente que tipo de movementos fan os bailaríns nelas. Por exemplo, se baila individual, en parella, que tipo de movementos, etc. O que a vós vos chame a atención e consideredes importante desas danzas que vos vai ensinando o video.

    Tendes que entregalo no Classroom. 

    O prazo límite é o mércores 29 para 2ºB e o Sábado 2 para 2ºA.

    IMPORTANTE: asegurarse de darlle a "entregar tarefa" unha vez que a subides, senón aparecerá como non entregada.

    • Este é o video no cal aparecen as diferentes danzas

    • Estes dous videos son 2 retos que vos propoño para aquelas e aqueles que queirades practicalos e facelos. A ver quen se anima. Se vos acaba saíndo podedes enviarme o video para que o vexa. 

      No dos rollos de papel, se 4 vos son moitos podedes facelo só con 3.

      Probade, que seguro que o conseguides. E así traballaredes a vosa muculatura abdominal moitiiiisimo.

  • INFORMACIÓN IMPORTANTE

    VIDEOCONFERENCIA

    A partires desta semana ides a dispoñer de media hora de videoconferencia para preguntarme posibles dúbidas que teñades en canto ás tarefas da semana, dúbidas da plataforma, etc. Estas videoconferencias non son de asistencia obrigatoria. Se algún día preciso que todos vos conectedes, informareivos con tempo para unha semana en contreto nese horario. 

    Para acceder só teredes que picar nun enlace que vos mandarei por correo e xa conectaredes co meu canal. 

    O horario establecido é o seguinte:

    LUNS de 10:30 a 11:00 (2ºA)

    LUNS de 11:15 a 11:45 (2ºB)

  • Luns 4 maio (2ºB) e xoves 7 maio (2ºA)

    Ola a todas de todos!

    Esta semana imos continuar co traballo de "Baile tradicional" e imos a seguir aprendendo puntos e partes da muiñeira.

    • Aquí podedes ver 2 videos. 

      O primeiro é unha adaptación dos pasos que aprendíchedes nas clases anteriores, bailados con unha canción moi coñecida e actual que todos coñerceredes. Dádelle veredes que vos sorprende. Este non tendes que saber bailalo, pero a quen lle apeteza, pode practicar os pasos que xa aprendíchedes, xa que o ritmo vai lento e seravos moi faciliño.

      O segundo é a seguinte clase de muiñeira. Este video tendes que miralo con atención e ir aprendendo os pasos que vos ensina o noso amigo tan simpático. É importante que para ir aprendendo os pasos novos teñades domiñados os anteriores, senón resultaravos moi difícil. Tendes todos os videos aí colgados, así que poderedes practicar todo canto queirades. Dadelle duro.

  • Venres 8 de maio (2ºA e 2ºB)

    • Para a sesión de hoxe temos outros dous videos. Ó igual que na sesión anterior, deíxovos un video no cal podedes ver a adaptación dos pasos que ides aprendendo a outra canción tamén moi famosa neste momento. A ver quen sabe cal é !

      O segundo video, é a clase que tendes que facer a nivel práctico. Neste video o noso amigo ensínanos os "Paseos". Estes paseos empreganse entre punto e punto para descansar. Podedes ver un total de 5 paseos. 

      Eses 5 paseos son os que tendes que saber facer. Tendes que gravalos e entregarmos. A parte que tendes que facer exactamente é a que aparece entre os minutos 4:00 e 5:20 do 2º video que vos colguei. Cada paseo faise 8 veces. Podedes facer un video cos 5 paseos seguidos (8 veces cada un) ou 5 videos (un para cada paseo). Iso como vós prefirades e vos sexa máis sinxelo á hora de subilo na plataforma. 

      Déixovos uns días para que os practiquedes ben. Tendes de prazo ata o mércores 13 para subilo á plataforma. 

      Se tendes dúbidas resolvemolas o luns na videoconferencia.

      Bailade moito, que son moi faciliños. Ánimo!

  • Semana do 11 ó 15 de maio

    Ola a tod@s!

    Coa entrega do video dos "paseos" de muiñeira, damos por finalizado o traballo dos contidos de "Baile tradicional". Espero que vos quedase claro a estrutura dun baile tradicional galego, neste caso da muiñeira que foi o que máis traballamos. Estou segura de que si. Se tendes dúbidas, podédesme preguntar sempre. 

    Xa que tendes que entregar o video o mércores, deixovos estes primeiros días para ensaiar un pouco. 

    Déixovos un documento, co cal imos a iniciar os contidos de "ACTIVIDADES FÍSICAS NO MEDIO NATURAL". Son uns pequenos apuntes que vos explican os aspectos máis importantes deste tipo de actividades e móstravos exemplos dalgunhas das actividades máis coñecidas. O longo das seguintes semanas, profundizaremos un pouquiño máis nalgunha delas. 

    Só tendes que ler os apuntes, nada máis. Na parte práctica xa tendes que entregar o video. 

    Saúdos

  • Semana do 18 ó 22 de maio

    Ola!

    Esta semana imos a meternos un pouco máis en profundidade no "Sendeirismo" como unha das actividades que se levan a cabo no medio natural.

    Déixovos unha preguntas que tendes que contestar axudándovos dos apuntes da semana pasada e tamén dos videos que podedes ver aquí abaixo.

    Os que queirades, se tendes oportunidade de dar un paseo por unha zona natural preto de onde vivides, podedes tamén enviarme unha foto. Así poderedes desfrutar da natureza e compartila conmigo dende a distancia. Seguro que tendes paisaxes moi bonitas moi pretiño.

    Tendes ata o venres 22 inclusive para subir as tarefas ó Classroom, e as persoas que queiran a foto.

    • Contestade de forma breve e resumida ás preguntas que vos plantexo. Podedes entregalas en formato dixital ou nunha folla escrita á man. 

    • O primeiro vídeo explica en que consiste e cales son as principais características do Sendeirismo. Tamén os beneficios que este ten para as persoas que o practican e para a súa saúde.

      No segundo podedes ver unha serie de medidas e consideración que hai que ter en conta á hora de realizar ou organizar unha ruta de sendeirismo.

      Espero que vos gusten.

  • Semana do 25 ó 29 de maio

    Esta semana, tal e como vos comentei, imos a continuar traballando un pouco co "Sendeirismo". Ides a ver os diferentes tipos de rutas que existen, as súas correspondentes señalizacións, como podemos valorar a súa dificultade, etc. 

    Para iso déixovos 2 videos que vos explican moi ben todos estes aspectos e que vos mostran imaxes relacionadas. Mirádeos con detalle e prestade atención ó que vos explican. 

    Ademais, tendes un documento no cal vos explico a tarefa que teredes que facer para esta semana. Consiste en buscar e explicar as características dunha ruta cercana ó voso entorno. Dentro do documento explícovos con máis detalle o que debedes facer e como. 

    Tendes de prazo ata o VENRES 29 DE MAIO para subilo ó Classroom. 

    Seguro que atopades rutas chulísima!

    • Nesta páxina podedes ver os 2 videos.

      O primeiro explícavos as diferentes tipos de rutas que existen, as súas características e a súa señalización correspondente.

      No segundo podedes ver cales son os elementos que hai que ter en conta para valorar a dificultade dunha ruta de montaña.

    • Neste documento aparécevos detallado en que consiste a tarefa que tendes que levar a cabo esta semana. 

  • Semana do 1 ó 5 de xuño

    Estas semanas que nos quedan de curso imos a coñecer e a traballar con unha actividade moi empregada dentro das "Actividades físicas no medio natural": A CABUYERÍA.

    A cabuyería consiste na arte de facer nudos con cordas (de diferentes tipos). Pode usarse en actividades de montaña, pero tamén noutras como actividades acuáticas de embarcación, etc. Nos imos a centrarnos no seu uso nas actividades de montaña. Algúns nudos son empregados en acampadas (para montar tendas, facer construccións) ou tamén en deportes como a escalada,descensos, rápel, co principal obxectivo de asegurarnos e manter a nosa seguridade nos ascensos e descensos polas paredes ou barrancos naturais.

    A continuación, podedes ver unhas imaxes onde se vos explican os aspectos máis importantes desta práctica que ven de fai un montón de anos. Tamén vos aparecen exemplos dalgúns nudos que son os máis empregados e máis básicos. Ledeos con atención e quedarse co nome deses nudos. 

    Máis abaixo déixovos uns videos tutoriais onde podedes aprender a facer algúns deses nudos que vos aparecen no documento. 

    Debedes practicalos con unha corda que teñades, cordón gordo ou algo similar ata que sepades facelos. Despois teredes que gravar un vídeo facendo 3 deses nudos. Os que vos escolladestodos . Ou tamén podedes facer un video con cada nudo. Ese será o traballo práctico que deberedes subir á plataforma. 

    Á parte do traballo de Cabuyería, déixovos un reto físico que tamén teredes que practicar e enviarme.

    Crearei unha tarefa correspondente no Classroom para que as subades. A data límite para entregar as dúas tarefas será o MÉRCORES 10 DE XUÑO. 

    ÁNIMO A TODAS E TODOS!

  • CRITERIOS DE CALIFICACIÓN

    Ola a tod@s!

    Aquí vos deixo un documento no cal se vos explican os criterios de puntuación das diferentes tarefas que fomos traballando o longo deste proceso telemático. Á maioría xa vo-los comentei durante as últimas videoconferencias. 

    Quero darvos a noraboa a aquelas e aqueles que traballaches a reo durante este proceso tan complexo que nos tocou vivir. Non foi doado, pero fixéchede-lo moi ben. 

    Pasade moi bo verán!

    Unha aperta!