Diagrama de temas

  • Un compresor de arquivos é un programa que permite reducir (comprimir) o tamaño dun arquivo. Isto conségueo mediante unha serie de algoritmos que permiten que os datos contidos nun arquivo ocupen menos tamaño.

    Un compresor de arquivos inclúe a capacidade de descomprimir arquivos comprimidos. Un arquivo comprimido non se poderá abrir ata que se descomprima.

    O formato de compresión máis estendido en Windows é o ZIP. Tamén on habituais os formatos RAR ou 7Z.

  • Tema 1

    Comparativa de compresores


    Á hora de escoller un programa de compresión é importante que descomprima cantos máis formatos mellor: é máis ou menos probable que nos topemos cun arquivo comprimido cunha extensión estraña, pero non obstante será moi raro que teñamos a necesidade de comprimir nun distinto a ZIP.

    A velocidade en que se comprime e descomprime un arquivo, o ratio de compresión e a potencia do equipo están estreitamente relacionados. Unha compresión mellor (que ocupe menos) require de máis tempo tanto para comprimir coma para descomprimir. Así pois, non se pode falar de velocidade de determinado programa sen falar tamén da súa compresión e hai formatos con mellor ou peor rendemento.

    Entre os máis coñecidos están os seguintes: 7-Zip e o seu formato 7Z adoita conseguir a mellor compresión, e sen que lle leve moito tempo, é un programa libre e gratuíto e ten unha versión portable. WinZip pode dar un mellor resultado, pero WinRAR é máis rápido. Alzip é moi potente e flexible. Alzip, WinZip e WinRAR son de pago, pero dispoñen de versión de avaliación. IZArc resulta bastante rápido, pero o arquivo resultante está peor comprimido que cos demais. 7-Zip e IZArc son gratuítos e en español.

    PeaZip é software libre, pode comprimir en moitos formatos como paq, pea, zip, 7z, arc, bz2, gz, tar, upx, wim, xz entre outros e permite descomprimir ata 133 formatos. Ademais é multiplataforma e ten unha versión portable (execútase desde unha memoria USB, non precisa instalación).

    KuaiZip é un rápido compresor que ademais é compatible con imaxes de disco formato ISO. Só para Windows e gratuíto.

    EzyZip é un compresor con line. http://www.ezyzip.com/
  • Tema 2

  • Tema 3