O curso ten a intención de achegar o pensamento racional, reflexivo e crítico ao alumnado. Pretende unha mirada dende as orixes do ser humano ata a actualidade; intentando trasladar o pensamento filosófico ao mundo actual e a todo o que acontece ao seu redor: o coñecemento da realidade (que podemos coñecer e que fiabilidade ten), a dimensión ética (como e por que actuamos de unha ou outra maneira), a política (como nos organizamos como grupo e de onde ven a lexitimidade do poder) e a dimensión estética.