Vén de publicarse a convocatoria das probas libres de acceso á FP co seguinte calendario. Toda a información está dispoñible no departamento de orientación do centro.
A modo de resume... que debemos saber?
- Requisitos das persoas participantes ás probas libres de acceso aos Ciclos Medios
As persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos (título de Graduado/a ESO ou equivalentes) para acceder a eles e teñan 17 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
2. Prazo de inscrición nas probas:
Ciclos Medios: Do 15 ao 26 de marzo.
Celebración da proba: 27 de maio no centro a determinar
3.Estrutura e organización da proba
A estrutura e a organización da proba están definidas no artigo 38.3 do Decreto 114/2010. Cada parte organizarase en probas de distintas materias, conforme o seguinte:
a) Parte SOCIOLINGÜÍSTICA: - Lingua Castelá. - Lingua Galega. - Ciencias Sociais. |
b) Parte MATEMÁTICA - Matemáticas |
c) Parte CIENTÍFICO – TÉCNICA - Ciencias da natureza - Tecnoloxía |
É posible solicitar a exención total ou exencións parciais de partes da proba. Podes consultar coa orientadora do centro estes supostos.
4. Materiais de probas de acceso
Na seguinte ligazón pódense consultar exames e materiais didácticos das convocatorias anteriores da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio.
- Materiais didácticos
- Exames de convocatorias anteriores