INICIO DO CURSO 2024-2025

O mércores día 11 de setembro faremos a presentación de todos os grupos de 9.20 a 10.00. Haberá transporte escolar ordinario para vir ao centro ás 9.20 pero non ás 10.00 para voltar a casa.

As clases comenzarán o xoves día 12 no horario habitual, e cos servizos de comedor e transporte.

 

MATRÍCULA CURSO 2024-2025

O período de matrícula para o vindeiro curso 2024-2025 está aberto desde o 24 de xuño ata o 7 de xullo, en horario de atención de 10:00 a 13:00.

Eleccións ao Consello Escolar 2022

Achégase información relativa ás eleccións ao Consello Escolar.

Informe sobre o uso das novas tecnoloxías no alumnado do IES Fonmiñá.

Adxúntase o informe de resultados sobre o uso das novas tecnoloxías no alumnado do IES Fonmiñá, feito no curso 2020-2021 por UNICEF.

Entrega de notas e reclamacións

Xoves 24 de xuño: Entrega de notas e reclamacións de 11:00 a 13:00.

Venres 25 de xuño: Reclamacións de 10:00 a 13:00.

Iniciación á "PESCA A MOSCA” con DAVID ARCAY, catro veces campión do mundo.

O venres 14 de maio o alumnado do centro participou nun seminario de introdución á pesca a mosca. O encargado de impartilo foi David Arcay, tetracampión do mundo da modalidade!.

Estereotipos de xénero na actividade física e no deporte.

O alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha clase sobre prexuizos e estereotipos de xénero no ámbito da actividade física e o deporte, dentro da materia de educación física. 

As Sinsombrero

Día histórico hoxe no IES Fonmiñá! Ata voaron sombreiros!. Isto foi o que aconteceu: Estaba unha das profesoras de Lingua Castelá e Literatura explicando a autoría dos poemas cos que estivera traballando o alumnado nesta semana da poesía cando, de súpeto, un sombreiro voou pola aula. Unha casualidade, tendo en conta que os poemas foron escritos polas Sinsombrero, unha xeración de mulleres que participou na modernización social e cultural da España dos anos 20 e 30, mais totalmente olvidada polos libros de texto.

Alguén chamou á porta e... alí estaban Luisa Carnés, Federica Montseny, Ernestina de Champourcín, Carmen Conde, María Moliner, Silvia Mistral, Rosa Chacel, Concha Méndez, María Zambrano, María Teresa León e Josefina de la Torre! Vaia sorpresa! Estiveron a contarnos a súa vida (ben dura nalgúns casos), o seu interese pola literatura, a súa obra... E, antes de marchar, agasalláronnos cun marcapáxinas, co nome delas, fotografía e cita literaria, e cunha mensaxe moi importante: elas tamén están nos nosos libros.

Moitísimas grazas ás nosas nenas de 4.° ESO por todo o seu traballo e magnífica interpretación! Moitas grazas tamén aos nosos nenos de 4.° pola creación dos marcapáxinas! E grazas tamén a todo o alumnado e profesorado do centro, pola súa atención e interés!

 

Publicidade e sexismo

O xoves 11 de febreiro, o alumnado de 3º da ESO participou nunha charla sobre "Violencia de Xénero na publicidade e nos medios audiovisuais" no marco das actividades do Plan Proxecta 2020-21 "Por 365 días de respecto e igualdade".

Distribuir contido