O noso centro foi un dos dezaoito seleccionados para participar onte na 1ª Liga Maker Drone Galicia, organizada pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico e Galicia (ITG). O reto ao que se enfrontaron foi deseñar e programar un dron capaz de recoller auga, transportala e acceder, desde o exterior, á planta dun edificio no que había un incendio simulado para contribuír á súa extinción no menor tempo posible. Parabéns ao noso equipo polo seu traballo!