- ENTREGA DE NOTAS E FONDO LIBROS DO CURSO 20-21
O día de entrega de notas é o venres día 25 de xuño ás 12.00 horas (non haberá trasporte escolar).
O alumnado irá a clase correspondente, entregará os libros do Fondo Libros e o titor/a repartirá os boletíns de calificación.
O alumnado quedará cos libros daquelas materias que non aprobe en xuño.
Xunto coas notas entregaranse os documentos necesarios para a matrícula do curso 2021-2022 .
- MATRÍCULA DE XUÑO PARA O CURSO 21-22 (so para alumnado que aprobe todas as materias en xuño)
O prazo da matrícula ordinaria para o curso 2021-2022 comeza o día 25 de xuño e remata o 10 de xullo. Para evitar aglomeracións, pregamos, sempre que sexa posible, que se respecte o seguinte calendario, en horario de 10.00 a 13.00 horas:
-Alumnado que se matricule en 1º da ESO o día 28 de xuño.
-Alumnado que se matricule en 2º da ESO os días 29 e 30 de xuño.
-Alumnado que se matricule en 3º da ESO os días 1 e 2 de xullo.
-Alumnado que se matricule en 4º da ESO os días 5 e 6 de xullo.
O alumnado con materias suspensas terá que esperar a setembro para facer a matrícula.