Skip to Content

Participación no Fondo Solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar da ESO 2020-2021

Está aberto prazo para participación no fondo solidario de libros de texto e  axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexo I e Anexo II) dispoñibles na aplicación informática Fondolibros  (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no Centro en horario de 10:30 a 13:00. 

Aviso importante: dende  o luns 25 o centro chamará a cada unha das familias  para dar  cita para entregar as solicitudes  presencialmente, co fin de evitar aglomeracións.

Prazo para presentar solicitudes:

 O prazo para presentar as solicitudes empeza  o 19 de maio e  rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.

Documentación a presentar no centro:

  • Anexos I-II cubertos
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.

Anexos:

Póndese descargar os anexos no seguinte enlace: Anexos I-II

Medidas de protección obrigatoria para acceder ao Centro:

  • Distanciamento social de 2 metros.
  • Mascarilla.
  • Bolígrafo propio.

 

AdxuntoTamaño
Anexos I-II .pdf1.63 MB


blog | by Dr. Radut