Skip to Content

Familiares do noso benquerido alumnado:

Se ben non ten a declaración de festa de interés turístico nacional como a Semana Santa non deixa por iso de ser menos importante o Entroido nesta vila; é por isto polo que pretendemos realizar unha exposición sobre este tema. Para isto solicitamos a vosa colaboración xa que precisamos fotografías antigas (e actuais) do Entroido en Fisterra. Por suposto se as fotografías que aportedes están en formato impreso, escanearémolas e devolverémolas ao seu propietario (tede en conta que é para unha exposición polo que as fotografías deber ser axeitadas) No caso de ser utilizada aparecerá o nome de quen nola facilite. Grazas de antemán!


Un tríptico que nos mostra algunhas das suxestións que, dende a biblioteca, facemos para reflexionar "sobre o absurdo da violencia e o sufrimento que xera".

 


Despois de ler Cuando Hitler robó el conejo rosa e ver a película Monsieur Batignol durante o trimestre pasado, Mecanoscrito da segunda orixe é o título do libro de Manuel de Pedrolo que comezamos a ler á volta de Nadal no noso club de lectura GHUAIDELAI. "Conta a historia de Alba e Dídac, dous rapaces que sobreviven a unha catástrofe que fai do mundo un lugar desolado e infernal. Desde o espanto dos primeiros momentos, a parella irá evoluíndo e adaptándose ao novo contorno até facer do amor o acontecemento central das súas vidas" Esta é a sinopse que podemos ler na páxina da editorial que o publicou en galego. Esta obra foi levada á pequena pantalla en formato de serie pola TV3 catalana. Deixámosvos o enlace por se queredes ver algún dos episodios... Ah! Por suposto, a serie, está en catalá.

http://www.edu3.cat/Edu3tv/Fitxa?p_id=28383

 


O vindeiro venres dia 20 de decembro, ás 10:50 será a entrega das notas da 1ª avaliación do curso 2013-2014.


Tal e como estaba previsto, terá lugar a segunda sesión da escola de nais e pais deste curso escolar. Logo de tratar o tema da sexualidade, nesta segunda reunión falaremos da preocupación pola imaxe corporal dos nosos fillos e fillas e de cómo afrontalo na familia. Como sabe, este é un tema moi relacionado cos trastornos alimenticios (anorexia, bulimia, etc.) e coa autoestima. Contaremos coa visita de Paula Rico, sexóloga do Centro Quérote + de Santiago de Compostela.
    A reunión realizarase o próximo martes, día 10 de decembro, ás 18:00 da tarde na biblioteca do IES Fin do  Camiño. A duración prevista para a sesión é de 1 hora e media aproximadamente.
    Agardamos contar con todos e todas.


Este é o lema do cartel editado este ano pola consellería. Como Biblioteca escolar unímonos ao proxecto e editamos un díptico informativo con algún dos títulos relacionados con este tema. Se queremos coñecer máis non temos máis que acercarnos á biblioteca e preguntar.



by Dr. Radut