Skip to Content

Participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir material escolar en ESO para o curso 2019/20

Lugar de presentación

As solicitudes, segundo o anexo I da orde de convocatoria, entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.
Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna, de xeito que se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas e cursos obxecto da convocatoria, deberá presentar unha solicitude para cada un deles, xa sexa no mesmo ou en distinto centro.

Prazo de presentación

O prazo de presentación de instancias para o alumnado obxecto desta   convocatoria será ata o 21 de xuño de 2019 (este incluido).

Solicitudes e documentación

1. As instancias poderán obterse nos centros.

2. Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación co fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais:

a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2017, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.

- Certificado ou volante de convivencia.

- Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

 

b) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non perteneza á Xunta de Galicia.

c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar:
documentación acreditativa.

d) Achegarase copia da declaración da renda cando non autoricen consulta de forma telemática.



blog | by Dr. Radut