Skip to Content

Nova Edición do Certame Literario MInerva

Certame Literario MinervaO Colexio Peleteiro convoca a 45 Edición dos Premios literarios escolares en lingua galega “Minerva”, abertos á participación de alumnos de 3º e 4º de ESO e de Bacharelato, que cursen estudios en Galicia e non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de decembro de 2017.

As bases do certame sinalan que poderán ser presentados traballos orixinais e inéditos sempre. En poesía, conxunto de tres poemas, de tema e forma libres. En narración, máximo seis folios mecanografiados a dobre espazo e tema libre. A presentación deberá incluír seis exemplares en papel e unha copia en soporte informático (Arial 12), con título e pseudónimo e sen o nome do autor. Nun sobre pechado introduciranse os datos personais do autor (nome, idade, enderezo, tlf particular, curso e Centro onde estudia, selados polo Seminario de Galego do mesmo). No exterior do sobre pechado únicamente figurará o pseudónimo ou lema e o título da obra. Traballos e plica enviaranse conxuntamente a “Premios Literarios Minerva”.

O concurso inclúe 3 premios en cada modalidade, de 600, 400 e 250 €, medalla de prata conmemorativa e publicación das obras galardoadas nun libro editado polo Colexio M. Peleteiro. Se na opinión do Xurado a calidade das obras o amerite, poderán outorgarse accésits. Os premios poderán declararse desertos. O prazo de presentación remata o 31 de Xaneiro de 2017. Máis información na web www.peleteiro.com.

AdxuntoTamaño
IESFV-CERTAME LITERARIO MINERVA.jpg136.48 KB


blog | by Dr. Radut