Skip to Content

blogue deesirelma

Brais Higuera de 1ºB foi proclamado Campeón Galego Xuvenil de Kárate por segundo ano

Brais Higuera de 1ºB foi proclamado Campeón Galego Xuvenil de Kárate por segundo ano.
Esta seleccionado para o Campeonato de España que vai celebrar en Albacete no vindeio mes de abril.

Desexámoslle un grande éxito na competición !!!

+

Visita a Escola de Camiños

O xoves 28 de febreiro, o profesor da Escola de Camiños Diego Torres, xunto con 4 dos seus estudantes, visitaron o noso centro para impartir un obradiro sobre materiais ao grupo de 3º non bilingüe. O alumnado aprendeu a fabricar formigón, averiguou mediante ensaio o límite elástico de diferentes materiais, fabricou un arco de madeira e comprobou como pode descarrilar un tren grazas á maqueta dunha vía de ferrocarril.
O alumnado disfrutou moito do obradoiro e contamos con poder facer pronto unha visita á Escola de Camiños, Canais e Portos da Coruña.

Vídeos que fixeron os estudantes para compartir cos centros de Grecia

Vídeos que fixeron os estudantes para compartir cos centros de Grecia onde Jorge e Ana Campo viaxaron a Grecia a través do programa Erasmus +

Ligazón

As mulleres na miña vida

Ángel Carracedo
08/03/2019 La Voz de Galicia

Se cadra, ese título (As mulleres na miña vida) causa un pouco de receo, pois é coma se eu tivese andado a mocear con moitas, e nada máis lonxe da realidade; pero o certo é que sempre tiven e teño a sorte de estar rodeado de mulleres.

Nas aulas de Medicina son case todo mulleres e non sabedes como gozo cos meus alumnos, a esas idades cheos aínda (e oxalá que sigan así toda a vida) de ilusión, curiosidade e vocación. No meu traballo asistencial destacan mulleres porque na Fundación de Medicina Xenómica fan un 80 %, e -como sempre digo- non podo máis que estar orgulloso delas polo seu traballo, a súa dedicación, a súa capacidade e o seu bo facer.

Realizacións de Aula / Dpto. Inglés

+

Tecnólogo por un día

Festa de Entroido 2019

+

"Con toda educación" / O Centro nos xonais

+

Noticiario de marzo 2019

++++

Noticia sobre profesorado de Gales que visita o noso centro

O IES Ferrol Vello colabora no programa europeo ERASMUS+, promovido polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol.

O Centro participa na First Lego League

+ +

Charla trastornos alimentarios

O xoves 31 de xaneiro o alumnado de 3º Eso tivo unha charla na Biblioteca sobre trastornos alimentarios, na que se falou sobre a Anorexia Nerviosa, a Bulimia Nerviosa, o Trastorno por atracón, a Vigorexia e o Transtorno Dismófico Corporal. O alumnado participou activamente durante a charla e aprenderon pautas para poder axudar a un amigo que teña algún destes trastornos, así como a diferenciar unha serie de mitos e realidades que levan asociados.

RECORDADE: ESTÁ BEN SER TAL E COMO TI ES. NON O OLVIDES NUNCA.

+

+ +

Distribuir contido


by Dr. Radut