Desde a biblioteca seguimos iniciativas que funcionaron os cursos anteriores para que nos axuden a disfrutar, pasalo ben aprendendo ao mesmo tempo.

Coa Olimpiada Cultural nos propoñemos probar as nosas habilidades, solventar enigmas e bruxulear nas redes para atopar respostas a curiosidades que nos fagan sorir.

A Olimpiada Cultural non pode ser traballo extra senón un reto estimulante que faremos por parellas seguindo as tres categorías doutros anos:

  • Junior   primeiro ciclo da ESO
  • Genius  segundo ciclo da ESO
  • Máster  bacharelato

Para participar temos que inscribirnos no curso e indicar nome do equipo e de membros, sempre da mesma categoría.

No foro de novas tedes as instrucións de inscripción. Para poder entrar tedes que empregar a opción de automatriculación coa chave Fernando Esquío, ou ben coa folla de inscripción que adxuntamos ou teredes na biblioteca.

A entrada como convidado é posible se lembrades o nome do autor que empregou un verso do noso trobador favorito como título dunha das súas novelas máis famosas e veu a vernos o 8 de marzo do 2020, sí é unha pista...

Consultada as Bases da Olimpiada e se tedes dúbidas contactade con Begoña na biblioteca.

Neste apartado atoparedes unha listaxe de obras en formato e-book (mobi ou epub). Para acceder tedes que poñer o nome do noso trobador favorito.