RECOLLIDA DE PREMIOS 25N. PEZA AUDIOVISUAL "EFECTO DOMINÓ"
O pasado xoves 21 de novembro, o alumnado do noso centro, gañador na categoría audiovisual co seu traballo "Efecto Dominó", do concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais sobre o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, convocado pola Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, recolleu o seu galardón nunha gala celebrada na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, da man da Conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García.
Ademáis de proxectarse os traballos premiados o noso alumnado pechou os actos da gala coa interpretación en directo do rap que acompaña ao vídeo.
Moitos parabén por tan magnífico traballo.
Repercusión nos medios:
-Xunta de Galicia
-Que pasa na Costa
-La Voz de Galicia
- Diario de Bergantiños
- El Correo Gallego