OBRADOIRO SOBRE NUTRICIÓN. 2º ESO
O pasado martes 30 e abril, o noso alumnado de 2º da ESO participou nun obradoiro sobre nutrición impartido pola especialista Candela Martínez Castro fundadora e directora de Sabe que Alimenta.
Neste obradoiro o alumnado, a maiores de coñecer de primeira man os beneficios de levar unha dieta saudable, tiveron a oportunidade de realizar diferentes elaboracións ben nutritivas.