FP INNOVA 2024
Unha edición máis o noso centro participa no FP INNOVA cun proxecto de innovación educativa desenvolvido polo alumnado e profesorado de Formación Profesional do noso centro educativo. Nesta ocasión a iniciativa nace da Familia Profesional de Electrónica e Electricidade co proxecto seleccionado para a mostra no FP INNOVA 2024 que se levou a cabo os pasados días 24, 25 e 26 de abril, titulado " Técnicas de intelixencia artificial para a resolución de problemas".
O proxecto de innovación presentado consiste no desenvolvemento dun sistema que emprega autómatas Siemens e placas Arduino para resolver problemas complexos, como sudokus, explorando novas aplicacións da IA no ámbito da automatización.
Por outra banda o noso alumnado dos Ciclos Formativos das diferentes familias profesionais impartidas no noso centro tiveron a ocasión de visitar o pasado día 25 as mostras de tódolos centros participantes da nosa comunidade no FP INNOVA 2024.