Skip to Content

Gran Final da VII Olimpíada Cultural O Saber Ten Premio

 

Os equipos participantes

O venres 13 de maio celebrouse no IES Fernando Blanco a Gran Final da VII Olimpíada Cultural O Saber Ten Premio. Na que participaron os tres equipos finalistas: Os Aforzunados, Triunfo e X.

Esta final constou de dúas partes:

A primeira parte, na que os tres equipos tiveron que contestar a 20 preguntas extraídas ao chou entre 970 preguntas elaboradas por todo o profesorado do centro, de todas as materias e de todas as ensinanzas que se imparten no IES Fernando Blanco, mediante un programa informático exclusivo do Fernando Blanco. Nesta primeira parte resultaron clasificados os equipos X con 15 puntos e Triunfo con 16.

Un momento do debate

A segunda parte consistiu nun debate sobre o tema É necesario celebrar o día de…?”, na que os dous equipos defenderon posturas opostas. Esta parte foi xulgada por un xurado composto por tres profesores e profesoras do centro.

Despois destas dúas partes resultou gañador do 1º premio desta VII Olimpíada Cultural o equipo Triunfo, composto por: Lucía Senra Lado, Lucía Oca Vázquez, Tania Lema Arias, Lucía Canosa Pequeño e Ana Oca Vázquez.

Triunfo, o equipo gañador

 

En 2º lugar quedou o equipo X, composto por: Manuel Soto Domínguez, Cristina Paz Insua, Brais Castro Lago, Alberto Castro Conde e Lucas Verdía Couto.

Os segundos clasificados, X

O 3º clasificado foi o equipo Os Aforzunados, composto por: Luis Lojo Baliña, Adrián Garea Fernández, Iago Lado de Pazos, Samuel Pequeño Rodríguez e Héctor Becerra Monteagudo.   

Os aforzunados

 

A gala estivo conducida polo xornalista corcubionés Fran Hermida Abelleira, contou cunha nutrida presenza de familiares do alumnado participante que, ademais, puideron asistir a varias actuacións musicais do alumnado e a proxección de vídeos coas actividades extraescolares e complementarias realizadas durante o curso.

O presentador Fran Hermida

Unha das actuacións

Tamén estivo presente a inspectora de educación dona Magdalena Duarte Blanco.

Nesta sétima edición participaron un total de 11 equipos que pasaron por varias eliminatorias ao longo do curso ata chegar tres equipos a esta Gran Final.



page | by Dr. Radut