Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de pre-
paración e elaboración de expedientes e documentos xurídicos propios das empresas e/ou
organizacións, e a súa presentación ante as administracións públicas, así como o mante-
mento de arquivos, segundo os obxectivos marcados, respectando os procedementos inter-
nos e a normativa legal establecida.
Esta función abrangue aspectos como:
– Identificación da organización e das competencias das administracións públicas (comunitaria, estatal, autonómica, local, etc.).
– Distinción entre as leis e as normas que as desenvolven, os órganos responsables da súa aprobación e o ámbito de aplicación.
– Constante actualización das bases de normativa xurídica.
– Identificación, estrutura e finalidade dos boletíns e diarios oficiais.Formalización, tramitación e custodia dos documentos xurídicos relativos á constitu-
ción, a modificación e o funcionamento das organizacións, consonte a normativa ci-
vil e mercantil e as directrices definidas.
– Formalización, tramitación e custodia da documentación.
– Elaboración da documentación esixida polos organismos públicos en tempo e forma.
– Diferenciación entre os tipos de procedementos administrativos.
– Recoñecemento da normativa sobre custodia e conservación da documentación xerada na actividade empresarial.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na xestión (confección ou formalización, tramitación e custodia) da documentación xurídica e privada que se xera en calquera tipo de empresas e organizacións de carácter gobernamental e non gobernamental, pertencentes a calquera sector produtivo. Actúa dependendo de profesionais de despachos e oficinas, e pode tomar decisións con autonomía e responsabilidade, por delegación.