Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de realizar as tarefas administrativas nos procesos de selección, formación e promoción do persoal, así como coordinar os fluxos de información que se xeren, contribuíndo ao desenvolvemento dunha adecuada xestión dos recursos humanos, con aplicación dos principios de ética e responsabilidade social e corporativa propios das organizacións.
A función de realizar tarefas administrativas nos procesos de selección, formación e promoción do persoal abrangue aspectos como:
– Control da normativa que regula os dereitos e as obrigas dos traballadores e as traballadoras, e da parte empresarial.
– Coordinación dos fluxos de información que se xeran na empresa en materia de xestión de persoal e das relacións laborais.
– Xestión administrativa dos procesos de selección, formación e promoción do persoal.
Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de rexistro contable. Esta función abrangue aspectos como:
– Preparación e rexistro de documentos soporte.
– Rexistro de feitos contables habituais.
– Uso de aplicacións informáticas específicas.
– Aplicación da normativa contable.
– Operacións de apertura e pechamento contable.
– Comprobación e verificación da contabilidade
Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de efectuar a xestión administrativa contable-fiscal.