Skip to Content

PROGRAMA XOGADE

A actividade de tenis de mesa promovida pola ANPA  participou  de novo no Programa Xogade, celebrado esta vez no Concello de Zas. Alí, os alumnos Santiago Vaamonde, Óscar Rial e Daniel Rial acadaron un merecido segundo posto.

Noraboa rapaces!

XIII BOLSAS JUAN LAMPÓN

Hoxe, o alumno de 2º de bacharelato Iago Higinio Vázquez  Figueira, asistiu a entrega de Premios das XIII Bolsas Juan Lampón.  Estas bolsas premian o esforzo de combinar estudios e deporte e  cada ano se organizan no IES de Pobra.

Parabéns Iago, agardamos que este merecido recoñecemento sexa un dos moitos que conseguirás ao longo da túa vida!  

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o Día do Libro organizouse un intercambio de libros na Biblioteca e ademais foron vatrios os grupos nos que o alumnado recomendou aos seus compañeiros e compañeiras un libro, indicando o motivo desa escolla e animando ao resto a lelo.

 Por outra banda, o CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) prestounos unha maleta chea de libros no I PLan de actuación para a Igualdade nos Centros educativos de Galicia. Este préstamo é dun mes e xa está funcionando entre o alumnado. 

SAÍDAS DE VARIOS DÍAS

Neste mes de abril coincidiron tamén dúas das saídas tradicionais de varios días: Londres e Estremadura.

A primeira está organizada polo Departamento de Inglés  con alumnado de 3º de ESO que durante unha semana realiza unha inmersión lingüística e ademais aprende a cultura doutro país.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRASCOLARES DO MES DE ABRIL

Rematamos a  Semana Solidaria pero durante o mes de abril seguimos aprendendo con saídas e actividades como estas:

-O alumnado  de 1º de bacharelato visitou a catedral e a cidade de Santiago, estudando a construcción da cidade.

-Varios alumnos de 2º de bacharelato asistiron a unha Master Class de Física de partículas na Facultade de Física da USC.

-O alumnado de Ciclo asistiu ás Xornadas  de Diversidade Funcional Adquirida no CIFP A Xunqueira de Pontevedra.

V SEMANA SOLIDARIA DO FÉLIX MURIEL

Como todos os anos, o Equipo da Biblioteca en colaboración, por suposto, con outros Departamentos e membros da Comunidade Educativa, organizou a V Xornada Solidaria.

Dende Bibliomuriel queremos agradecer a vosa colaboración, grazas a todos vós o noso proxecto está ahí e saíu perfecto!

Este é o enlace do video. Merece a pena velo!

 

14 novos Graos ata o 2021

Por universidade, a USC ofertará o grao en Biotecnoloxía (campus de Santiago), o grao en Criminoloxía (Santiago), o grao en Paisaxe (interuniversitario entre a UDC e a USC; no campus de Lugo), o grao en Xestión do Patrimonio e Industrias Culturais (campus de Lugo), o grao en Emprendemento (campus de Lugo), o grao en Robótica Agroforestal (campus de Lugo) e o grao en Bioquímica Agroforestal (campus de Lugo).

XIII BOLSAS JUAN LAMPÓN

O IES de Pobra do Caramiñal vos de  comunicarnos o alumnado gañador da XIII Bolsa Juan Lampón (2018):

- Iago Higinio Vázquez Figueira (IES Félix Muriel, Rianxo).
- Desiree Rivadulla Lorenzo (IES A Cachada, Boiro).
- Sandra Folgar Martínez (IES Praia Barraña, Boiro).
- Pablo Rey Mariño (IES Pobra do Caramiñal).
- Laura Santiago Beceiro (IES Nº 1, Ribeira).
- David Santos Domínguez (IES Pobra do Caramiñal).


Os nosos parabéns a todas as persoas premiadas.

INTERCAMBIO DE LIBROS

O intercambio de libros que queremos facer o luns 23 empeza a ter contido... Leva á biblioteca esta semana un libro que xa liches e o luns poderás cambialo por outro. E recorda , como dicía  J. K. Rowling, se non che gusta ler é que non atopaches o libro correcto...

O luns 23 axudaremosche a atopalo 

SAÍDA DIDÁCTICA A ESTREMADURA

O alumnado de 1º de bacharelato realizou a semana pasada a xa tradicional visita a Estremadura. Aínda que foi unha viaxe pasada por auga e con bastante frío,  o alumnado coñeceu, entre outros, o Parque Nacional de Monfragüe e asistiu á representación teatral de Medea no famoso teatro romano de Mérida. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut