Skip to Content

PROXECTO "LA IDA"

O proxecto la Ida está coordinado pola Fundación Paideia e o instituto alemán IBI, xunto coa Consellería de Cultura y Educación, co obxectivo de promover experiencias formativas de carácter práctico e innovador entre mozos con dificultades para acceder ao mundo laboral en Alemaña e Galicia. En colaboración co Concello de Rianxo e os Concellos e instituto de Padrón, os rapaces de PCPI do noso centro participaron nesta iniciativa, compartindo experiencias cos mozos alemáns de visita en Rianxo en prácticas laborais e, logo, tras un proceso de selección, desprazándose a Alemaña para a realización de prácticas en empresas e aprendizaxe do idioma.

Os nosos alumnos coñeceron a natureza do proxecto e aos seus compañeiros alemáns nunha actividade de intercambio de experiencias celebrada o día 5 de marzo na biblioteca do noso centro. Con posterioridade, entre os días un grupo de PCPI realizou unha estadía en Alemaña.

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...



story | by Dr. Radut