Skip to Content

REFLEXIÓNS

A RIANXEIRA, UN XEITO DE VIDA...!!
Solpor dun outono que galopa e me sumerxe
nos máxicos recordos da infancia...
- "Amparo...levo xoubiñas do xeito...baratas...
da jloria velas de fresquiñas, muller...saltan
na patela..."!!
-" Hoxe non, Carmiña, collínllas a
Manuela..."!!
- " Bruxa..."!!, foi o máis suave que lle escoito
rezongar dende a fiestra, non sei se dirixido a
miña nai, ou á competencia, mentras segue
coa rutina de ir de porta en porta.
- "Maruja..."!!
"A RIANXEIRA", símbolo dun pasado moi
presente na memoria...
Dunha forma de vida dun pobo que
mirou sempre cara ó mar, no
que tivo, e ten, seu sustento.
Luz, vida, sentimentos, lembranzas...para
aquéles que ven máis alá dunha imaxe, e
unhas cores...
Unha fiestra aberta dende a que ollar o ata
logo do sol sobre a RÍA. Un voltarei mañá que fai cóxegas na imaxinación...
As cóxegas que de seguro sente, dende a
súa atalaia, A RIANXEIRA, observando como
o lema da VILA que simboliza, é unha
realidade:
" RIANXO, O PARAÍSO EXISTE "
- "Levo xoubiñas do xeito..., querid@s
AMIG@S" !!
Postos a imaxinar...

 

Xaquín Miguéns Ces



story | by Dr. Radut