Skip to Content

O MEU OCASO

Estou no ocaso desta longa vida

chea de ledicia e grandes virtudes

de grandes amigos que por min

darÍan...quizáis a sua vida,

 

unha plena vida de amor, alegría

sempre viaxando por mor do traballo

neste gran mosaico de lingua e culturas

da querida España e amada Europa,

 

nesta profesión sin horario fixo

con poucos descansos,traballo excesivo

Sábados, Domingos e dias festivos

mais con moito amor, todo se consegue,

 

foron catro décadas e uns aniños mais

foi pasando o tempo, a vida laboral

invernos xelados,veráns asfixiantes

era o meu oficio, miña profesión,

 

chegou o retiro, a xubilación

agora, eso sí, hai tempo dabondo

para xuntar letras e dempois palabras

así formar frases para gran deleite,

 

pasarán os días nesta terra miña

seguir escribindo mentras sexa posible

cun boli na man e un folio debaixo

difundír cultura...cultura gañar.

Miguel Alberto, 2019



story | by Dr. Radut