Skip to Content

TIVEN UN SOÑO

Quixera ter unha fouce mais...ben afiada

para cortar esas ás dos que queren voar

voar polo mundo repartindo maldade

maltratando os humáns e matar criaturas,

 

unha fouce ben grande para cortar os camiños

de esa xente asesina de homes e donas

xente sin escrúpulos de maldade infinita

vagan polo mundo repartindo ese odio

´

 

cunha fouce na man cortaríalle a voz

a ese ser humán que só sabe criticar

non entende de amor nin de liberdade

cunha fouce na man pediría xusticia

 

para esas pobres xentes que non teñen defensa

cortaría esas vías de odio e rencor

de antipatía e desprezo infinito

ca fouce na man pediría o perdón

 

de aquel ser human que él non perdoa!

 

cunha fouce ben grande cortaría ese cable

que nos une no odio á humanidade

fouce imaxinaria arrebolada ó ar

cortando as cabezas de xente malvada

Miguel Alberto, 2019



story | by Dr. Radut