Skip to Content

MARMAR

9/ 10/ 2019

 

E alí estaba, remexida no meu propio xeito de ser.

 

Movemento e Cambio! Máis eu só topaba coa quietude da

medianoite. Paseniñamente, achegueime a fiestra, abrín a contra,

e mirei;

 

A luz cenital cegoume de Todo.

 

O caso foi que caín na conta de que aquela luminaria non

respondía aos feitíos da miña testa.

 

Presentábanseme formas estrañas, era como contemplar unha

fogueira e albiscar siluetas nas chamas.

 

Non sei moi ben se o espectáculo durou segundos ou séculos

pero o día chegou ao seu fin e a noite entrou lixeira. De súpeto,

puiden ver, puiden velo...

 e alí estaba el, tan quedo, no seu moverse eterno, no seu cambio

etéreo.

 

Alí estaba o mar.

 

E, sen máis, caín dentro.

 

Amanda Mariño Rial

 

 

 



story | by Dr. Radut