Skip to Content

REFLEXIÓNS

Necesitas meditar, por en claro as ideas, ou simplemente alonxarte do mundo por uns intres?
Tod@s temos un lugar no que perdernos. Ese lugar máxico que desprenda o aroma que nos acerque á borracheira dos sentidos...
Quizáis ese río que busca o seu camiño entre rochedos, rodeado dunha verde vexetacion reflexada en pozas de agua pura...
A música da Natureza está sempre sonando, para aquéles que teñen os oídos dispostos a escoitala...
Os pes preparados para bailar...
Os ollos abertos para oiar...
A Alma esperta para sentir...
Se consigues interiorizar o seu idioma, o sorriso será túa carta de presentación diaria.
A proxección dunha gran paz interior e felicidade para uns...
O indicativo dunha certa locura, por ir desentonando no medio de tanta crispación, para outros...
Esa locura que non é senón a cordura da felicidade, vin expresado nalgún lugar...
Quizáis reflexado nas frías e cristalinas aguas de Pozo Bastón...!!

 

 

Xaquín Miguéns Ces

 

 

 



story | by Dr. Radut