Skip to Content

RAPAZA AGARDANDO Ó AMOR

Naquela tarde chea de embruxo

ficabas na eira, miña neniña

naquela noite de lúa chea

adormilada deica o mencer,

 

pasou a tarde, pasou o día

ti agardando por quen non viña

chea de soño, de ilusión

o teu amor non volvía,

 

non te movías daquela praza

onde outras veces él te decía

ámote tanto, miña rapaza

tanto te quero, por ti eu morro,

 

aquelas verbas que ti oías

daquel homiño que te quería

ficaban claras no teo maxín

de tantas veces que as decía,

 

mais non volvía

na tua procura

pero él amábate

era... esquencido!

Miguel Alberto, 2019



story | by Dr. Radut