Skip to Content

CAMBIANDO O MUNDO

Pasei polo mundo

tentando cambialo

de ideas absurdas

e falsos profetas,

 

de necios políticos

camiñando a cegas

cerebros baleiros

cara onde van?

 

Só pensan nos votos

da masa ignorante

aquela que pensa

pero non razoa,

 

cambian as persoas

tamén as ideas

en nome de qué?

...camiñan sen rumbo,

 

non poden saber

para onde van

se nin sequer saben

de onde proceden.

Miguel Alberto.



story | by Dr. Radut