Skip to Content

ESAS TÚAS MANS

Esas túas mans

curtidas en anos

de duros traballos

na terra e no mar,

 

ti és a primeira

en buscalo pan

para eses fillos

xunto co seu pai,

 

pois ti és valente

forte, endurecida

non podria ser menos

sendo ti galega,

 

filla desta terra

e desta cultura

orgullo da raza

desta nazón celta,

 

foches e serás

a primeira en todo

ti, muller galega

exemplo de nai,

 

ese corpo teu

nunca fica ergueito

no mar mariscando

na terra...sachando,

 

nunca te axeonlles

ante un inimigo

ti móstrate forte

e loita... pola liberdade.

Miguel Alberto, 2019



story | by Dr. Radut