Skip to Content

BOAS PERSOAS

Cando o escritor inglés Martin Amis foi entrevistar a John Travolta, sorprendeuse de que amosara unha actitude moi afastada do comportamento frívolo e divino das estrelas de Hollywood: cortés, humilde, delicado. Aínda así, fíxolle a seguinte pregunta: “Por que pareces ser a estrela do pobo? Non é que leves o seu estilo de vida nin nada parecido”. A resposta deixouno desorientado: “Funciona ao revés, sabes? O norteamericano por antonomasia é vivir os teus soños. Non queren que sexas humilde”. Amis interpretouno como que non se pode ser ao mesmo tempo unha estrela de cine e un tipo normal. De feito, na película que naquel momento estaba rodando Travolta, unha desas estrelas dicía que “quería ser un tipo normal, pero estaba demasiado acostumado a ser quen era para logralo”. E Amis decatouse dalgo que xa debería saber polos seus propios personaxes. Facilitándolle tanto as cousas, Travolta estáballe pondo máis difícil a entrevista. As boas persoas non son unha boa historia que contar.

     Como comparto a conclusión de Martin Amis, suscitarei unha pregunta previa. É necesario ser soberbio, descortés e inmoral para chegar a converterte nunha estrela de Hollywood, ou eses carácteres son o prezo que tes que pagar unha vez que acades a fama? Supoño que o lector contestará esa pregunta como me contestan a min os alumnos cando lles fago unha desas preguntas trampa que adoitamos facer os profesores de Ética: Depende. Pois direivos o mesmo que lles digo a eles: Xa sei que depende, pero, credes que hai algunha tendencia? Quero dicir: se vos pregunto quen son máis altos, os homes ou as mulleres, a resposta tamén é depende, pero, a tendencia, é que os homes son máis altos. Como se pregunto cales son máis elásticos, tamén depende, pero nese caso a resposta, como tendencia, sería as mulleres.

      Non teño estatísticas nin probas nin experiencia persoal pero, como tendencia, creo que para ser estrela de Hollywood, como para ser estrela de calquera cousa, hai que ser soberbio, descortés e algo inmoral por natureza. Nunha sociedade capitalista un non pode chegar ao cumio da pirámide sen esas calidades. Iso parece evidente, e supoño que o lector coincidirá comigo. No que non vai coincidir é co que vou dicir a continuación. Que á inmensa maioría da xente gustaríalle ser soberbia, descortés e inmoral por natureza. E que se algún día se fan realidade os bebés á carta (poderemos escoller as características físicas e psicolóxicas dos nosos fillos por manipulación xenética), mentres sigamos nunha sociedade coma esta, escolleremos antes a soberbia que a humildade, a descortesía que a cortesía, a inmoralidade que a moralidade. Como sucede nas entrevistas, na vida real as boas persoas (sobre todo se son fillos nosos), tamén nos fan máis difíciles as cousas.

X. Ricardo Losada

story | by Dr. Radut