Skip to Content

CORAZÓN FERIDO

 

Teño mágoas por perderte

 

o meu corazón ferido

 

teño un door tan profundo

 

quixera volver a verte,

 

 

 

rapaza, porque non volves?

 

A curar este paciente

 

non preciso mediciñas

 

só, un corazón ardente,

 

 

 

teño door de corazón

 

por alonxarte de min

 

unha pena insufrible

 

que eu arrastro de por vida,

 

 

 

dos meus ollos caen bágoas

 

que non consigo secar

 

sufro porque te quero

 

e ámote, por eso sufro!

 

 

 

Nin fármacos, nin doctores

 

nin herbas mediciñais

 

tampóuco meditacions

 

eu só quero o teu amor,

 

 

 

quero un amor verdadeiro

 

ese que ti sabes dar

 

curándome esta doenza

 

que non podo soportar.

 

Miguel Alberto, 2019

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut