Skip to Content

A MIÑA ESCOLA 2

No tempo de caza, D. Paco solía dar a clase por terminada as catro e media , sendo a hora oficial as cinco da tarde, pero tiña os seos amigos para ir os conexos e gustáballe de moito a caza, e nos tan contentos ; tamen recordo que no tempo das landras antes de entrar pola mañan, entregábanos unha lata de sardiñas vacía de latón (esta lata conten un litro aproximado ) a cada alumno e había que enchela de landras antes de vir para escola, había un souto moi grande cerca da escola ,si un compañeiro enchía a sua antes axudábanos os outros hasta que todos tuveramos as latas cheas non podiamos volver, as landras eran pro porco do mestre aclaro este punto qu e nos nos encargabamos. No tempo da mata Da. Lola dábame recordos para mamá , decía mamá xa sei porque se acorda de min, claro o matar o noso porco , levabámos un paquete para Da. Lola, que ella agradecía igual que cando había froita mamá mandáballe bolsas de mazans que as levabámos nos a costas , alguns pais a verdade e que non lle levaban nada, seria que non terian froita eu eso non o sei. Recordo tamen que o carteiro deixaba o correo para as aldeas do noso “val “ como eles decian na escola e ibamos meo irman e mais eu repartindo o correo polas casas dos veciños cando ibamos de volta para casa, ( e pasei a escribir en plural porque meo irman e xemelo meo ) polo tanto perdoade si as veces o fago en plural . D. Paco tiña unha máquina de escribir “remington” moita envidia me daba aquela máquina, oxe teño duas mais o ordenador, ¡ que rico son eu ! Agora falarei do w.c. O retrete como deciamos antes , aquel artilugio consistia nunha pedra grande con un burato no medio e había que acertar cando faciamos as necesidades para que caera dentro, abaixo había unha corte con toxo e facía de esterco para as leiras . Nunha ocasión D. Paco díxonos que iba a madrid a visitar o monumento” os caidos” eu non sabía que era aquelo, e mentras tanto dábanos escola Isabel a sua filla que sabía tanto coma el, cando veo de volta contounos algo daquel viaxe pero a verdade e que falou pouco daquelo, co tempo supen eu o significado daquel monumento, mellor hubera sido non construilo. A casa da escola nin siquera era do estado fora feita polos emigrantes de Dodro residentes no Uruguay,como consta na pedra de marmol que está na porta da casa, oxe e a casa de cultura do concello de Dodro.D. Paco tiña moi boa caligrafía eso si sempre con pluma facía aquela letra de redondilla que decía el , cando tocaba dictado coidado , por cada falta de ortografía un castigo, podía ser quedar sin recreo por exemplo, cando tocaba leer había solamente tres manuscritos de lectura a saber : 1º manuscrito ,España; 2º manuscrito, Europa; 3º manuscrito Paises y mares, este último tiña unha letra moi dificil de leer polo tanto o que non sabía quedaba sin recreo, ese foi o último libro que eu lin naquela escola que con catorce anos sain casi analfabeto , e moi dificil viaxar polo mundo sin ter unha cultura media pero así foi a vida , sigo falando os últimos anos os nenos íbamos a detras da casa do concelloa xogar o balón o único patio que había para tal fin, si rompiamos un cristal dunha ventana nosos pais a pagalo, e por encima un castigo, do mestre e outro dos nosos pais.

      Miguel  Alberto



story | by Dr. Radut