Skip to Content

Comenzan as Actividades no Félix Muriel

O día 19 comenzou a actividade lectiva no noso centro e ademáis de presentacións por parte dos distintos profesores e da Formación TEI (Titoría entre iguais) para 1º e 3º de ESO  contamos con  varias actividades tanto dentro coma fora de Centro.

A primeira foi o mesmo martes unha charla de Antón Parada Mesopotamia: un país, dúas linguas para o alumnado de 2º de ESO.

O xoves estivo con nós, Juan, membro de AESLEME que, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, informou aos alumnos de bacheralato e Ciclo sobre os perigos das estradas e como cambia a vida tras ter un acidente de tráfico.

O venres estivemos no Auditorio de Rianxo. O alumnado de 4º de ESO, Bacharelato e Ciclo asistiu á representación Na butaca na que, conmemorando o día do Alzheimer,  nos fixeron sentir esa maldita enfermidade.    

 

AdxuntoTamaño
Antón Parada.jpg142.08 KB
Antón Parada.jpg212.35 KB
Antón Parada.jpg88.56 KB
Aesleme.jpg147.77 KB
Aesleme.jpg196.6 KB
Na butaca.jpg114.04 KB


book | by Dr. Radut