Skip to Content

BENVIDOS Á BIBLIOMURIEL

Voltamos, unha vez máis, cheos de proxectos e ilusións. Neste curso o Equipo da Bibliomuriel é distinto, mais tentaremos continuar co entusiasmo dos nosos predecesores.

Manteremos a sección Scripta manent, onde animamos a todos a escribir. Cada quen ten moito que dicir e iso é posible. publicaremos textos recibidos en calqueira idioma e de calqueira xénero: poesía, relato curto, conto, pensamento... A extensión non é importante: pode ser unha línea, un soneto, unha novela (por entregas), un cómic...

Pode utilizarse pseudónimo e incluso o anonimato. Non habera censura, tan só corrección das posibles faltas de ortografía.

"Ter un fillo, prantar unha árbore e escribir un libro". Isto último é o que máis costa, por iso nós estamos eiquí: contade a vosa historia e nós publicarémola para que outros poidan disrutar dela.

Todos os textos deberán dirixirse o seguinte correo: anarivas85@gmail.com.

Por último queremos dar as gracias a todos aqueles que durante o curso anterior participaron neste proxecto e lle deron vida: Octavio Romero, Mingos Rial, María Rial e Paqui Espiño. Sen contar con alumnos de diferentes cursos.

Este ano temos pensado organizar un taller literario para quen teña interese en coñecer a escritores consagrados e seguir as súas recomendacións e consellos. Estamos seguros de que será un éxito.

Crearemos un twiter, para que as nosas actividades (que sempre foron numerosas e exitosas teñan unha maior proxección.

Celebraremos eventos sociais e literarios en colaboración co  Departamento de Normalización Lingüística e concello, mais, sobre todo, mercaremos libros e levaremos a cabo actividades dinamizadoras para introducir a todos no apasionante mundo dos libros. Para iso, contamos tamén cun coordinador do Club de Lectura.

Cada trimestre haberá novas actividades. Contamos con todos vos. A colaboración e conciliación de distintos pareceres sempre é garantía de éxito.

Moitas grazas e Feliz travesía!

 

                                      O Equipo da Bibliomuriel



story | by Dr. Radut