Skip to Content

Premio Buero de teatro para Marco Bravo e a Escola de Teatro Airiños

O grupo de rapaces Kabramakabra, pertencentes á Escola de Teatro Airiños, veñen de gañar dúas mencións na Fase Autonómica dos Premios Buero de Teatro Xoven da Fundación Cocacola coa súa obra "Con S de Súper". A primeira das mencións fai referencia á Creatividade da obra, escrita pola propia directora do grupo (Raquel Ramos), e ao Talento dos propios rapaces. A segunda mención recaeu en Marco Bravo, protagonista da peza, onde o xurado quixo destacar o seu gran traballo actoral.

A gala de premios tivo lugar o día 18 de maio no Centro Ágora (A Coruña).
 
Esta fin de semana o grupo senior de Airiños realizará a súa segunda internacionalización. Subirá ás táboas de Escapães (Santa Maria da Feira, Portugal) a obra "Hoxe non se paga... e mañá xa veremos!". A visita está enmarcada dentro dun intercambio co grupo feriense Grupo de Expressão Dramática de Escapães (GEDE), que xa visitaron e actuaron en Rianxo en marzo (cuxa comedia tivo unha grande acollida no auditorio rianxeiro, moita xente e moitas risas).
 
 
Noraboa a todos, especialmente aos nosos alumnos!


book | by Dr. Radut