Skip to Content

ALOITA!!

 

 

Cómo nos mata a soidade.

Cando,o mencer te atopa.

Envolto, en tela do demo.

Que contigo, a morte aloita.

 

Róubame,un anaquiño.

Do solpor,de este día.

Dáme amigo, un aloumiño.

Que o meo, corazón abriga.

 

Fálame, quedo esta noite.

Baixiño e con agarimo.

Saca do meo peito a morte.

Que me ten,cheíña de frío.

 

So,fomos aire na aldea.

Inesperada,paixón de primavera.

Cando chega o final, anque non queira.

Dun menzer,de luz sinxela.

 

Este tempo é o camiño percorrido.

Aínda que non te deras conta.

Que a verdade  é o que vivimos.

Ou soñamos,mais alá da bela aurora.

 

 

 

                     Paqui Espiño



story | by Dr. Radut