Skip to Content

OS EMIGRANTES DOS ANOS SESENTA

As mozas da aldea bailando na eira,

bailando soliñas…

non hai quen as queira!

Pois mozoos non hai!

Están no extranxeiro

fuxiron da fame.

Uns para Siuza,

outros Alemaña…

Certo que se foron

cándo voltarán?

Fuxiron da fame

ou quizáis do tirano

das duras cadeas

que tanto nos atan!

Mociños da aldea, voltade á terriña!

As mozas esperan

para vos casar!

Voltade, rapaces!

Voltade ó fogar!

Loitemos eiquí pola liberdade!

Loitemos xuntiños pola nosa patria!

Pola independencia da nosa nazón!

 

 

                                                Miguel Alberto



story | by Dr. Radut