PAULA FERREIRO, PROFESORA DE TECNOLOXÍA
LIBRO: CABANA, D.X., Morte de rei.
Toda a novela está contada dende un ángulo, o do protagonista, onde realidade e soño se confunden. Don García de pé, aferrollado, cangado de grillóns diante do mirador, contempla o mundo máis aló das serras: A patria xalundes, o reino perdido para sempre. Recibe a visita de Amaro Érniz, o derradeiro amigo, personaxe que fará de necesario contrapunto na novela. Don García, consciente dos estragos do tempo, sofre pola memoria do pasado, a ensoñación da infancia, o anhelo da beleza confinado na prisión dos seus soños... a soidade... a viaxe imposible ó paraíso perdido que o levará ó final por él elixido.
PEZA MUSICAL: Queixumes dos pinos. Pondal/Veiga.
https://www.youtube.com/watch?v=hmXAB9rvFWE
ESCULTURA: ASOREY, Naiciña (1922)
Madeira policromada. 81x81x66 cm
UBICACIÓN: Museo de Artes Decorativas Firma e Odilo Estévez. Rosario de Santa Fe, Arxentina.
PELÍCULA: Sempre Xonxa