Skip to Content

O Félix Muriel gaña a III Olimpíada filosófica de Galicia na modalidade de vídeo.

O Félix Muriel gaña a III Olimpíada filosófica de Galicia na modalidade de vídeo.


A curuxa de Minerva enceta o seu voo á hora do luscofusco, xusto antes de caer o crepúsculo.


Pode que veña de beber ás agachadas das lámpadas do templo da deusa. O aceite polo que se ilumina o templo; difícil dármonos conta que foi a deusa quen nos amosou o froito para elaboralo. Non quedamos alí, xusto antes de que os pensamento se convertan en moedas gastadas, de man en man. Non renunciamos, non renunciamos ao acontecemento...


Podería ser unha pequena de tantas historias... A que vos soa?. Si. Alén de gañar ou perder nós entendémolo como Ausencia e autenticidade, rematou Amanda Mariño Rial de falar diante do tribunal o pasado xoves. Despois retirouse. O pequeno equipo de Rianxo, que importante é medrar na amizade dos pensamentos compartidos, permaneceu atento, como dende o inicio do proxecto. Alianza fraternal con María e Alicia Fernández Insua. Cando volveu para facer pública a resolución, o tribunal, o vídeo filosófico do IES de Rianxo estaba conxelado na pantalla diante do canón. E marcaba, premonitoriamente, 333 visitas. Humildemente, permitídeme, nese momento, antes de que ninguén falara, sabia que gañáramos e representaríamos a Ghalisia na III Olimpíada filosófica estatal.


 O voo da filosofía traza unha órbita circular entre a lúa e o crepúsculo, círculos e esferas ópticas. Burbulllas esferolóxicas, pensamos para ver. Dentro do circo da representación unhas palabras foron a clave. Palabras non prefabricadas, xa que senón traizoaríamos a alianza do noso aquel. Simbólicas Philía e Alétheia, acordádevos. Farannos falta en Uvieu o 15 e 16 de abril na proba estatal, cando volvamos do teatro de Mérida, grazas a Ana Rivas, acordádevos. Ah! e podedes ver o vídeo, youtubers.


                                                                                                            Rafa Saco



book | by Dr. Radut