Plan Dixital de centro é un documento a través do cal os centros analizan a súa realidade en relación ao uso das tecnoloxías dixitais e, a partir desta situación de partida,  definen un plan de actuación que incluirá os obxectivos a conseguir, as actuacións específicas para implementar este plan, a súa avaliación e difusión. O obxectivo final da posta en marcha do Plan Dixital é mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través do desenvolvemento da competencia dixital do profesorado -tanto individual como colexiada- e da transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes.

Como apoio aos centros educativos atópase dispoñible a ferramenta de autoavaliación SELFIE, da Comisión Europea, que proporciona un informe de situación do centro.

A partir do Informe SELFIE, o centro poderá xerar unha análise DAFO que é de utilidade para a análise de situación e para a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións. Aquí podemos ter en conta  elementos como as infraestruturas tecnolóxicas, a  competencia dixital docente e do alumnado, ou a actitude favorable cara ao uso das tecnoloxías como medio de mellora do proceso de ensino-aprendizaxe, entre outros.

Fonte: www.edu.xunta.gal

Curso de formación do profesorado (PFPP) para desenvolvemento do Plan Dixital do centro

Espazo para enquisas Selfie Alumnado


Sala para enlaces de Cuestionarios Selfie

Curso de formación do profesorado (PFPP) para desenvolvemento do Plan Dixital do centro