Skip to Content

ELECCIÓNS RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

O sorteo público para determinar a composición da Xunta Electoral (titulares e suplentes) que organizará a supervisará o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, terá lugar na secretaría do centro o día 16 de outubro de 2024, ás 10:10 horas no despacho de dirección.

23 de outubro, 10:10 horas: Constitución Xunta Electoral. 

De acordo coa lexislación vixente procede a:

Aprobar e publicar os censos electorais (dispoñibles na Secretaría do centro para consulta). Prazo límite para presentación de reclamacións: , mediante escrito dirixido á Xunta Electoral. 

Concretar o calendario electoral:

  • Do  ao  de  (ata as 14:00 horas): prazo para a presentación (na Secretaría do centro) de candidaturas aos distintos sectores, conforme ao formulario dispoñible na Secretaría do centro e/ou no seguinte enlace
  • : Reunión da Xunta Electoral (Admisión, proclamación e publicación das candidaturas, sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais e comunicación aos membros das mesas e suplentes de dita circunstancia).
  • : Prazo de reclamación á proclamación das candidaturas e admisión de solicitudes de supervisores.
  • : Reunión da Xunta Electoral (Publicación da resolución sobre as reclamacións ás candidaturas, publicación das correccións aos censos e elaboración das papeletas e credenciais dos supervisores).
  • : Constitución mesas electorais e votacións.
    • Mesa alumnado. Constitución: 08:45 h. Votacións: de 09:00 a 13:30 h.
    • Mesa pais/nais/titores legais. Constitución: 15:45 h. Votacións: de 16:00 a 19:00 h.
    • Mesa profesorado
  • : Reunión Xunta Electoral (Proclamación e publicación dos/as candidatos/as elixidos/as, traslado actas das mesas electorais á Xefatura Territorial e comunicación aos/ás candidatos/as electos/as).

Convocatorias dos distintos sectores

  • Alumnado
  • Pais, nais, titores legais
  • Profesorado

Referencias legais:

Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Circular 18/00 pola que se completa a circular 1/98 pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución do órganos de goberno dos centros públicos de ensinanzas non universitarias

Circular 1/98, do 2 de febreiro, da D.X. e Inspección Educativa pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución dos órganos de goberno dos centros públicos

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario

Decreto 324/1996 do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos insitutos de educación secundaria 

Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias

 

Alumnado do IES nun intercambio na Illa de Reunión

Tres alumnas/os do IES Félix Muriel, acompañadas do profesor do centro Amancio Pampín, están esta semana coñecendo a Illa da Reunión grazas ao programa Erasmus. Ademais de practicar a lingua francesa, puideron traballar aspectos relacionados coa igualdade de xénero, a historia da escravitude ou a xeomorfoloxía.  Agardamos que volvan coa súa maleta cargada de boas lembranzas e experienciencias positivas tanto a nivel persoal como intelectual.

FERVEDOIRO NA PRAIA

Xornada de Convivencia e proxecto ProBleu

Estimadas familias,

O vindeiro luns 23 de setembro terá lugar de 10:30 a 18:00 horas a I xornada de covivencia (de 8:30 a 10:10 horas o alumnado terá clase).
 
Esta xornada desenvolverase en diferentes arenais de Rianxo e pretende ser unha actividade de inicio de curso e presentación oficial da participación do centro no proxecto europeo ProBleu e do #EUBeachCleanup.
O alumnado desenvolverá diferentes actividades relacionadas ca recuperación e protección destes espazos combinadas con outras actividades máis lúdicas, e sempre acompañado de profesorado do centro.
É importante que o alumnado veña coa roupa axeitada, con comida (bocadillo, froita etc) para xantar e con crema solar.
Aquel alumnado que non participe na xornada de convivencia quedará no centro realizando tarefas deseñadas pola equipa docente.
Por favor as autorizacións asinadas que foron enviadas (en formato papel) entregaranse ao/á titor/a.
 

COMEZO CURSO ESCOLAR 2024-2025

De acordo coa Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/2025 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a actividade lectiva comezará o día 11 de setembro no horario que se indica a continuación:

 

9:00 horas. Presentación dos grupos de 1º ESO no Salón de actos

9:00 horas. Presentación dos grupos de 1º e 2º de Ciclo Medio.

9:20 horas. Presentación dos grupos de 2º e 3º ESO no patio central do edificio principal.

9:20 horas. Presentación dos grupos de 4º ESO e BAC detrás do edificio anexo (pista de fútbol e baloncesto).

 

Ao rematar as presentacións comezarán as sesións lectivas habituais, polo que o alumnado deberá traer neste primeiro día o material necesario: folios/caderno/carpeta e bolígrafo.

AUTOBUSES: no horario habitual, de chegada ao centro ás 08:30 horas e regreso ás 14:10 horas.

FELIZ REGRESO AO FÉLIX MURIEL

Libros de texto. Curso 2024-2025

Achégase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso académico 2024-2025.

Por favor, teñan en conta as indicacións relativas a algún dos libros en que se recomenda agardar a setembro.

Entrega cualificacións ESO

O día 26 entregaranse as cualificacións ao alumnado da ESO no seguinte horario:

 

1º ESO, 2º ESO e 3º ESO: 10:00 horas na súa aula de referencia.

4º ESO: 11:00 horas no Salón de actos.

 

NOTA IMPORTANTE. É moi importante recoller esta documentación en papel xa que o Consello Orientador non aparece no ABALAR e nel infórmase da proposta de inclusión da/o alumna/o no programa PDC ou en FP Básica e disponse de moi pouco tempo para aceptar ou non a proposta en cada un deses casos.

Datas matrícula curso 2024-2025

As datas para a matrícula no IES Félix Muriel son as que se sinalan a continuación:

 

  • 1º ESO: 26 de xuño
  • 2º ESO: 27 de xuño
  • 3º ESO: 28 de xuño
  • 4º ESO: 1 de xullo
  • 1º BAC: 2 de xullo
  • 2º BAC: 2 de xullo
  • CICLO: do 24 de xuño ao 4 de xullo

 

 

Probas extraordinarias 1º Bacharelato

Achéganse as datas e horas das probas extraordinarias de 1º Bacharelato.

Probas extraordinarias Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

Durante este mes de xuño e seguindo a normativa establecida pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia terá lugar no IES Félix Muriel a convocatoria extraordinaria do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

As probas realizaranse na Aula taller do Ciclo e os días e horarios serán os seguintes:

1º CURSO:

- Mércores 19 de xuño:

8:30 horas: proba teórica de Atención Sanitaria.

11:20 horas: proba teórica e práctica de Atención e Apoio Psicosocial.

- Xoves 20 de xuño:

8:30 horas: proba de Formación e Orientación Laboral.

10:30 horas: proba de Características e necesidades das Persoas en Situación de Dependencia.

- Venres 21 de xuño:

8:30 horas: proba práctica de Atención sanitaria 

13:20 horas: Apoio domiciliario.

2º CURSO:

- Mércores 19 de xuño:

10:30 horas: proba de Organización da Atención ás PSD.

12:30 horas: Primeiros Auxilios.

- Xoves 20 de xuño:

8:30 horas: Destrezas sociais.

10:30 horas: Atención Hixiénica.

13:20 horas: Teleasistencia.

A información está colgada no taboleiro de FP do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut