Skip to Content

Terceiro trimestre

Día das Letras Galegas

 

Celebramos este día intentando coñecer un pouco máis a María Victoria Moreno a través da lectura pública de varios fragmentos da súa obra. No acto participaron alumnos e alumnas de todos os cursos. Despois da lectura entregáronse os premios aos gañadores dos concursos promovidos polo EDLG no terceiro trimestre: Concurso de carteis do Día das Letras Galegas, X Concurso de carteis de promoción da lingua galega e IV Certame creativo co apoio das TIC.

 Parabéns aos gañadores e gañadoras!

     
   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Carreira pola lingua

 

O alumnado de 1º ESO compartimos as últimas horas da mañá do día 16 co alumnado do IES A Basella para celebrar o Día das Letras Galegas cunha carreira polo Terrón. Foi moi agradable volver ver os antigos compañeiros do colexio e houbo premios para os máis rápidos e rápidas da carreira e tamén para os autores e autoras dos mellores dorsais con lemas para promocionar a lingua.

Aquí tendes un vídeo da actividade:

 

 

 

 

 

 

 

Saída a Padrón

 

 

O xoves 3 de maio, o alumnado de 3º ESO fixemos unha viaxe ata Bastavales e Padrón para coñecer algúns dos lugares máis significativosda biografía e da obra de Rosalía de Castro. Na mesma excursión tivemos a oportunidade de coñecer o Xardín Botánico e a igrexa de Santiago na que se pode visitar o Pedrón ao que, segundo a tradición, estivo amarrada a barca do Apóstolo. Ademais, no noso paseo pola vila, vimos as estatuas de Macías, de Cela e a da propia Rosalía. Alí, no Espolón, xunto á imaxe da autora, recitamos varios poemas como xa fixeramos en Bastavales. Máis tarde, na Casa da Matanza, a nosa compañeira Wisam animouse a cantar “Adiós ríos, adiós fontes”, mentres nós a escoitabamos desde o balcón da Casa-Museo. Foi unha agradable experiencia.

 Se queredes ver máis fotos ide á galería

IV CERTAME CREATIVO co apoio das TIC.

 

CONCURSO DE CARTEIS DE PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA

 

CONCURSO DE CARTEIS DE PROMOCIÓN DA

 

LINGUA GALEGA

 

 

 

                                                       Cartel gañador no curso 2017-18

 

Bases:

 

1.-Poderá participar todo o alumnado do centro.

 

2.-Cada participante poderá presentar cantos carteis desexe para promocionar o uso da lingua galega.

 

3.-Os carteis deben combinar imaxes con texto e deben ser inéditos.

 

4.-Os traballos entregaranse a calquera membro do EDLG.

 

5.-O prazo de presentación remata o día 4 de maio de 2018.

 

6.-O fallo do xurado composto polos membros do EDLG será comunicado aos gañadores o día 16 de maio.

 

7.-Os autores dos traballos premiados optarán a unha praza no FAROVIAXA.

 

8.-Por último, os traballos presentados poderán ser utilizados en calquera publicación de carácter académico.

 

 

 

 

 

Visita a IMATXINA

O venres 6 de abril o alumnado de 1º de ESO desprazouse a Vigo para participar nos obradoiros de alumnos da XIV edición  IMATXINA.   Traballaron  con tangráns, pentaminós e hexamantes, policubos (pentacubos planos e soma), espellos, xogos de estratexia, actividades coa calculadora, resolución de problemas, estatística e ilusións ópticas. Cada obradoiro estivo dirixido por un monitor que se encargou de orientar e controlar as diversas actividades.

 IMATXINA é unha actividade organizada pola Fundación Escola Rosalía e Afundación Obra Social ABANCA, co  asesoramente pedagóxico de AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática).

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut