Skip to Content

MANIFESTO POLOS DEREITOS DAS CRIANZAS

Este 20 de novembro, a rapazada de 1º ESO celebrou o Día Mundial da Infancia dando lectura ao Manifesto polos dereitos das crianzas. Unha actividade da materia de Lingua Galega impartida pola profesora Andrea Á. Pino. Aquí vos deixamos o vídeo da lectura:

Manifesto polos dereitos das crianzas de Across

CLUB DE LECTURA 1º e 2º ESO. 1ª REUNIÓN CURSO 24-25.

Os participantes no Club de Lectura de 1º e 2º da ESO festexaron o XV Día da Ciencia en Galego. Xa que 2024 é o ano galego da Astronomía, comezaron lendo o libro Universo, grazas ao que representaron o Big Bang coa axuda dun globo. A súa profesora Nadia tamén lles leu un fragmento do libro A que cheiran as cores? relacionado coas neuronas e o aprendizaxe. Explicoulles o que significa Serendipia, cun libro que leva ese mesmo título; ensinoulles O libro dos océanos, O libro do clima, o Novo Mundo (e a expedición da vacina),... Parece que temos unha biblioteca ben nutrida en temas científicos!

CHARLAS DO PLAN DIRECTOR SOBRE CIBERACOSO

Continuamos coas charlas impartidas pola Garda Civil dentro do programa escolar Plan Director organizado polo Departamento de Orientación.

CHARLA DA FUNDACIÓN LAR. PREVENCIÓN DA VIOLENCIA FILIOPARENTAL.

O pasado martes 12 de novembro tiveron lugar as charlas dirixidas a alumnado e profesorado sobre como previr a violencia filioparental impartidas pola Fundación Lar.

CHARLA SOBRE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA FILIOPARENTAL

Mañá martes 12 de novembro, ás 18:30, no salón de actos do centro, terá lugar unha charla dirixida ás familias. Amelia Varela Artusio, directora da Fundación LAR Pro Saúde Mental en Vilagarcía de Arousa, falará de Psicoeducación e Prevención da Violencia Filioparental. Animamos ás familias a asistir.

Distribuir contido


by Dr. Radut