Un grupo de alumnos nosos, concretamente 1º ESO A, foi convidado o xoves 20 de xuño á inauguración dunha tenda na planta baixa da Casa Museo Picasso na rúa coruñesa Paio Gómez. Nós unicamente asistimos para realizar unha actividade previa á inauguración que celebraría o alcalde unha hora máis tarde.
Chegamos ás 10.30 e recibiunosTonecho Otero, o encargado de explicar o traballo aos alumnos. Diante dunha pantalla táctil, Tonecho foi narrando brevemente os anos nos que Picasso estivo na Coruña cando era un neno. Mediante a pantalla os nosos alumnos debían de localizar nun plano os lugares frecuentados polo pintor. Posteriormente, íaselles preguntando por aquilo que verosímilmente impresionaría máis da nosa cidade a sensibilidade do pintor, para concluír que moi probablemente entre os nosos monumentos estaría a torre de Hércules, e noutra orde de cousas, debeu chamar a súa atención o vento, o vento mareiro.
Unha vez chegados a estas conclusións, o grupo de alumnos pasou a unha sala situada ao fondo, presidida por unha magnífica foto dun Pablo Picasso de 11 anos, rodeado pola súa familia en Málaga no transcurso dun xantar. Entón distribuíronselles unhas follas de papel e mais uns lapis coa idea de trazar en primeiro lugar unha base cunha recta e a partir de aí debuxar unha torre de Hércules. Este debuxo debía xurdir da súa imaxinación, pois, malia proxectarse de cando en vez unha foto da torre sobre a parede, axiña se retiraba para contribuír á orixinalidade de cada quen.A continuación, Tonecho escaneou todos os debuxos e someteunos a un programa de animación. Como podedes ver queda moi bonito.
Ao ver esta sucesión de imaxes animadas un pode pensar que reactualizamos, evocamos o proceso creativo, a serie de bosquexos que o neno Pablo iría trazando antes da lograr a obra final.
Gonzalo Cao, o noso alumno que levou a medalla de prata na Olimpiada Matemática 2013, acaba de gravar un anuncio para unha empresa galega. Podédelo ver neste enderezo:
Na celebración de ‘The Big Challenge” 2013 o noso alumno de 1º da ESO, Pedro Incio del Río, quedou magnificamente situado na clasificación provincial (o primeiro) e mais na nacional (foi o segundo de toda España, e temos que pensar que se presentaron neste nivel máis de once mil alumnos). Parabéns a Pedro!
Tamén debemos felicitar a Lara Yáñez Vázquez, segunda a nivel provincial, e a Jorge Carril Espido, terceiro no seu nivel (2º ESO) en toda a provincia.
A todos eles lles desexamos que sigan así no coñecemento das linguas.
Temos que darlle o parabén ao noso alumno David Vaamonde López, de segundo da ESO.
Gañou un dos dous premios –o que corresponde á lingua galega- a nivel autonómico do concurso de relato curto Coca-cola para xoves talentos na edición 2013.
Vai ir, velaquí tedes en que consiste o marabilloso premio, a Londres catro días neste vindeiro mes de xuño. Vémolo nas fotos no acto celebrado en Lugo o pasado 24 de maio, onde se lle comunicou a boa nova. Nunha delas está acompañado da súa profesora, Mª Jesús Quintáns.
Conferencia da doutora Dª Susana Martínez-Conde, exalumna do noso instituto, sobre "Os enganos da mente" impartida ós alumnos de 2º de Bacharelato.
Dª Susana Martínez-Conde, coruñesa, é actualmente Directora do Laboratorio de Neurociencia Visual do Instituto Neurolóxico -Barrows- de Phoenix (Arizona).
In March, a group of eighteen students from Eusebio da Guarda ranging from 3rd ESO to 1st Bacharelato embarked to what would be an unforgettable week in England. The exchange has established links with the Stamford Endowed Schools in the beautiful town of Stamford.
Stamford School
Students enjoyed a week packed full of activities, including visits to places of interest within the town such as the three schools and the astonishing Burghley House and further afield in the impressive Cambridge , the always surprising London and the historic Peterborough. There was also plenty of time for them to get to know more about family life, boarding houses and other cultural aspects of British society.
(Burghley House)
The boys and girls formed strong bonds with their British friends, learned lots of English and took part in some of their lessons.
As always, the exchange was a hugely positive experience due largely to the enthusiasm with which the students approached the challenges of living with a new family or in a boarding house in a new place. We hope to see many of them again on the exchange in years to come.
Nesta saída didáctica do Proxectoterra (11 e 12 de abril), visitamos a Citania de Briteiros, o Museo da casa natal de Martins Sarmento, o mosteiro de Souto San Salvador, así como a cidade de Guimaraes, que foi recente capital europea da cultura no ano 2012. Nela percorremos o Bairro de Couros (antigo arrabaldo adicado á curtiduría de coiros) e o casco antigo coas Prazas da Oliveira e de Santiago. Subimos ao parque-mirador de Nosa Señora da Penha e non puidemos visitar nin o castelo medieval nin o Castelo dos duques de Braganza polo mal tempo que nos fixo.
Aloxámonos na Pousada da Xuventude (diante da que estamos nunha das fotos).
Dende o 7 ata o 14 de abril, varios alumnos do noso centro de 3º e 4º de ESO desprazáronse ata Fontenille no departamento de Haute Garonne, na rexión de Midi Pyrénées (Francia)
Esta 2ª parte do intercambio contou con múltiples actividades e visitas así como clases e encontros coas familias de acollida.