FESTIVAL DA FRANCOFONÍA
Nova edición do Festival de la Francofonía, celebrado este 7 de maio en Vilanova de Arousa, unha xornada de música e baile que congrega alumnado e profesorado de lingua francesa de toda Galicia. Este ano participaron uns 2.000 alumnos de 22 institutos das catro provincias. O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, estivo presente para facer un pequeno homenaxe a Nieves Vecilla, profesora xubilada, promotora desta actividade e que segue a ser unha das organizadoras. O noso centro estivo representado por tres grupos de 1º, 2º e 3º de ESO que interpretaron as cancións Bim, bam, toi de Carla, Ensemble de Les Frangines e Imagine de Zaz respectivamente. O grupo de 3º estivo ademais acompañado á guitarra polo seu profesor Juan Carlos. Tamén animaron dende o público Elsa, François e María, profesores do departamento de francés. O bo tempo permitiu comer e pasear pola praia da vila ao finalizar o acto.