Benvidos á materia de Física e Química no primeiro curso de bacharelato.
Comezamos coa parte de Física e traballaremos dende a Aula Virtual do centro. A Física é unha ampliación dos temas vistos en 4º de ESO.
No mes de febreiro cambiaremos a Química, onde de novo ampliaremos o curriculo de 4º de ESO.
Esta materia, como todas, necesita de traballo diario para a súa correcta aprendizaxe. Agora só tedes que facelo.
Intenta non quedar con dúbidas. Para resolvelas lembra que podes contactar comigo por medio da aula virtual ou mediante correo electrónico (lolifq@gmail.com).
Moito ánimo para este curso.
Neste curso trataremos as materias de Física e Química, e non hai mellor persoa que represente a estas materias como Marie Curie, que ademais de ser a primeira persoa en conseguir dous premios Nobel, ten un en cada materia:
- Premio Nobel de Física en 1903: "En recoñecemento dos extraordinarios servicios que deron as súas investigaciones conxuntas sobre o fenómeno da radiación descuberta polo profersor Henri Becquerel".
- Premio Nobel de Química en 1911: "En recoñecemento aos seus servicios para o avance da Química ao descubrir os elementos radio e polonio, por medio do illamento do radio e o estudo da natureza e os compoñentes deste sorprendente elemento."
- Teacher: Loli Blanco Vieites