Skip to Content

Matemáticas

Buscando a Pi en Palexco

Alumnado de Proval estivo na Feira Matemática de Agapema onde, a maiores de amosar diversos traballos de investigación arredor do número Pi, deseñaron este vídeo buscando a Pi.

Estímulo do talento en Matemáticas

 O sábado 2 de xuño, Nerea Figueroa Gómez, Ismael Martínez González e Noa Pazos Aniorte, de 1º de ESO, realizaron en Santiago de Compostela a proba de ESTALMAT para formar parte do Proxecto para o estímulo do talento en matemáticas.

  Neste enlace pódense ver fotos da xornada da proba. O material gráfico está extraído da web de Estalmat Galicia

 Seleccionando a foto inferior pode visualizarse o álbum completo deste evento.

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Estalmat

Obradoiros de poliedros

  Con triángulos equiláteros, cadrados e pentágonos regulares. Ou con escarvadentes e gominola. Nas clases de matemáticas, calquera material é bo para a construcción de poliedros... Seleccionade a foto inferior para comprobalo....

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> PoliedrosProval

Obradoiros de arquitectura e xeometría aplicada

 O venres 15 de xuño o alumnado do IES Escolas Proval participou nuns obradoiros de Arquitectura e Xeometría aplicada impartidos polo arquitecto Victor G. Echave. Aprenderon de enxeñería e arquitectura, construíron cooperativamente tódalas figuras a grande escala e coñeceron de forma dinámica e divertida os polígonos e poliedros básicos ademáis dos fundamentos das estructuras trianguladas.

  Esta actividade foi organizada polos Departamentos de Matemáticas, Física e Tecnoloxía.

 Premendo na foto inferior poderás consultar o álbum completo desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Palitroques

Día das matemáticas en Proval

  O 12 de maio celebrouse o día escolar das matemáticas. E en Proval, dende o departamento de matemáticas, aproveitamos para expoñer varios traballos colaborativos de matemáticas recreativas.

  Premede neste enlace para coñecer o noso traballo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut